Anna Jane Coble-MullenAnna Coble-Mullen nada en Raleigh, Carolina do Norte en 1936 e finada o 3 de marzo de 2009, foi unha biofísica americana. Foi a primeira muller negra e obter un doutoramento en biofísica, e a primeira muller negra contratada na Universidade de Howard.
Traxectoria Anna Coble, filla dun profesor da Universidade de San Agustín, interesouse polas matemáticas e a física. Estudou matemáticas na Universidade Howard, obtendo unha licenciatura en 1958 e unha mestría en 1961. Despois de graduarse, ensinou física na Universidade Estatal de Carolina do Norte A&T durante catro anos. Trasladouse á Universidade de Illinois en Urbana-Champaign para os seus estudos de posgrao, onde se converteu nunha defensora das minorías e das mulleres. Completou o seu doutoramento en 1973 baixo a supervisión de Floyd Dunn. Pasou dous anos na Universidade de Washington en St. Louis estudando o impacto do ultrasón de alta intensidade nas ras.
Investigación Coble volveu á Universidade Howard, onde foi a primeira muller negra contratada na facultade. Pasou todo un verán buscando casas para 200 estudantes negros graduados, perdendo a súa propia investigación. Durante a súa estancia na Universidade Howard houbo un recorte de entre o 30 e o 40% nas bolsas de investigación federais. Formou parte de "Escribir a través do currículo". Finalmente foi promovida a Profesora Asociada.
Pertenceu á Sociedade Nacional de Físicos Negros. Foi membro da xunta do Fogar Ionia Whipper, un refuxio para adolescentes abandonadas. Desenvolveu recursos educativos para a Academia Nacional de Ciencias e o Consello Nacional de Investigación.
Traballou coa Asociación Americana para o Avance da Ciencia e a Asociación Americana de Profesores de Física para apoiar aos grupos subrepresentados na ciencia. Un proxecto, o Proxecto da Igrexa Negra da AAAS, levou a ciencia práctica (hands-on science) á mocidade da área de Washington. Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres na física
Categoría:Alumnos da Universidade de Illinois Urbana-Champaign Categoría:Alumnos da Universidade Howard Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América