Beomjoe Sonyeon (en ) é un filme surcoreano de 2012 dirixido por Kang Yi-Kwan. Conta a historia dun delincuente adolescente que se reúne coa súa nai, quen o entregara logo de nacer.

Gañou o Premio Especial do Xurado na 25ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tokyo, e o premio de mellor actor para Seo Young-Joo. Tamén foi galardoado co Gran Premio Lino Brocka e o mellor actor no Festival Internacional de Cinema Cinemanila así como o mellor filme infantil nos Premios Asia Pacific Screen.

Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Lee Jung-Hyun como Hyo-Seung Seo Young-Joo como Jang Ji-Goo Jun Ye-Jin como Kim Sae-Rom Kang Rae-Yeon como Ji-Young Jung Suk-Yong como Kim Sun-Saeng Choi Won-Tae como Jae-Bum Kang Hyuk-Il como Ok-Hyun Seo Young-Hwa como Xuíz Jun Young-Woon como avó de Jang Ji-Goo Kim Kyung-Ryong como pai de Ok-Hyun Lee Yoon-Sang como pai de Kim Sae-Rom

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur