Antonio Ares Abelleira, Toñito, nado en Pontedeume en 1915 e finado en Serantes (Ferrol) o 22 de maio de 2007, foi un loitador antifranquista galego.
Traxectoria Viviu en Ferrol dende os tres anos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi enrolado no exército. Ao remate da guerra foi o responsable da reconstrución clandestina do PCE en Ferrol. Foi detido nunha redada, encarcerado e indultado aos dous anos. Tres meses despois converteuse no responsábel de axitación e propaganda da Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), e proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros. Foi detido en 1950 por facilitar víveres, informar aos guerrilleiros e repartir propaganda clandestina proporcionada por Antonio Veiga Mejuto. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,"Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5. foi condenado a sete anos. Nas eleccións xerais de 1982 foi candidato ao Congreso polo Partido Comunista Obrero Español.La Voz de Galicia, 20-9-1982, p. 58. Finou en Serantes o 22 de maio de 2007.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 23-5-2007, p. 50.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1915
Categoría:Finados en 2007