miniatura|Micrografía elecrónica de transmisión dunha célula nai adulta mostrando as súas características ultraestruturais típicas. As células nai adultas (ou células troncais adultas) son células indiferenciadas, que se atopan no corpo despois do desenvolvemento, que se multiplican por división celular e diferencian para repoñer as células que morren e rexenerar tecidos danados. Poden encontrarse en animais e humanos adultos e xoves, a diferenza das células nai embrionarias, que só se atopan na etapa embrionaria.

O interese científico sobre as células nai adultas está centrado na súa capacidade de dividirse ou autorrenovarse indefinidamente, e xerar todos os tipos celulares pertencentes ao órgano no cal se orixinan, potencialmente rexenerando o órgano completo a partir de poucas células. A diferenza das células nai embrionarias, o uso de células nai adultas humanas en investigación e terapia non se considera que sexa controvertida, xa que derivan de mostras de tecidos adultos en lugar de embrións humanos deseñados para a investigación científica. Foron estudadas principalmente en humanos e organismos modelo como ratos e ratas. miniatura|160px|División e diferenciación de células nai. A – células nai; B – célula proxenitora; C – célula diferenciada; 1 – división de célula nai simétrica ; 2 – división de célula nai asimétrica; 3 – división proxenitora; 4 – diferenciación terminal

Estrutura Propiedades definitorias Unha célula nai posúe dúas propiedades: Autorenovación, que é a capacidade de realizar numerosos ciclos de división celular mantendo sempre o seu estado indiferenciado. Multipotencia ou potencial multidiferenciativo, que é a capacidade de xerar proxenie de distintos tipos celulares, (por exemplo, células gliais e neuronas), o que se opón á unipotencia, que é o termo usado para as células que están restrinxidas a orixinar células dun só tipo. Porén, algúns investigadores non consideran que a multipotencia sexa esencial e cren que unha célula unipotente pero que se autorrenova é unha célula nai. Estas propiedades poden ser ilustradas con relativa facilidade in vitro, usando métodos como os ensaios clonoxénicos, nos que se caracteriza a proxenie dunha soa célula. Porén, sábese que as condicións do cultivo celular in vitro poden alterar o comportamento das células, polo que probar que unha determinada subpoboación de células posúe propiedades de célula nai in vivo é complicado e hai un considerable debate sobre se algunhas poboacións de células nai propostas nos adultos son efectivamente células nai.

Propiedades División celular Para asegurarse a súa autorrenovación, as células nai experimentan dous tipos de división celular (ver o diagrama División e diferenciación de células nai). A división simétrica dá lugar a dúas células nai fillas idénticas, mentres que a división asimétrica produce unha célula nai e unha célula proxenitora cun potencial de autorrenovación limitado. As proxenitoras poden realizar varias roldas de división celular antes de diferenciarse finalmente nunha célula madura. Crese que a distinción molecular entre divisións simétrica e asimétrica depende da segregación diferencial entre as células fillas de proteínas de membrana (como receptores) e as súas proteínas asociadas.

En condicións normais as células nai dos tecidos divídense lenta e infrecuentemente. Mostran signos de quiescencia ou de parada do crecemento reversible. O nicho onde se encontra a célula nai desempeña un importante papel en manter a quiescencia. Os nichos perturbados causan que a célula nai empece a dividirse activamente de novo para substituír as células perdidas ou danadas ata que o nicho se restaura. Nas células nai hematopoéticas as vías MAPK/ERK e PI3K/AKT/mTOR regulan esta transición. A capacidade de regular o ciclo celular en resposta a pistas externas axuda a impedir o esgotamento das células nai ou a perda gradual de células nai despois dunha alteración do equilibrio entre as células dormentes e estados activos. Algunhas divisións celulares infrecuentes tamén axudan a reducir o risco de adquirir mutacións no ADN que pasarían ás células fillas.

Plasticidade

Descubrimentos feitos en anos recentes indican que as células nai adultas poderían ter a capacidade de diferenciarse en tipos celulares de diferentes capas xerminais. Por exemplo, as células nai neurais do cerebro, que derivan do ectoderma, poden diferenciarse en células do ectoderma, mesoderma e endoderma. As células nai da medula ósea, que derivan do mesoderma, poden diferenciarse en células do fígado, pulmón, tracto gastrointestinal e pel, que derivan do endoderma e mesoderma. Este fenómeno denomínase como transdiferenciación ou plasticidade das células nai. Poden ser inducidas modificando o medio de crecemento cando as células nai se cultivan in vitro ou se transplantan a un órgano do corpo diferente do que foron illadas orixinalmente. Aínda non hai consenso entre os biólogos sobre a prevalencia e importancia fisiolóxica e terapéutica da plasticidade das células nai. Descubrimentos máis recentes suxiren que as células nai pluripotentes poden encontrarse no sangue ou en tecidos adultos en estado dormente. Estas células denomínanse "células nai similares ás do blastómero" ou BLSD (do inglés "Blastomere Like Stem Cells")Am Surg. 2007 Nov; 73: 1106–1110 e células nai "similares a embrionarias moi pequenas" ou VSEL (do inglés "very small embryonic like"), e presentan pluripotencia in vitro. Como as BLSCs e VSEL están presentes virtualmente en todos os tecidos adultos, incluíndo os pulmóns, cerebro, riles, músculos e páncreas a copurificación de células BLSC e VSEL con outras poboacións de células nai adultas pode explicar a aparente pluripotencia de poboacións de células nai adultas. Porén, estudos recentes indican que tanto as células VSEL humanas coma murinas carecen das características de célula nai e non son pluripotentes.Miyanishi M, Mori Y, Seita J, Chen JY, Karten S, Chan CKF, et al. Stem Cell Reports. Stem Cell Reports. 2013 Jul 23: 1–11. http://www.cell.com/stem-cell-reports/abstract/S2213-6711(13)00050-7?fb_action_ids=10201558251787555&fb_action_types=og.likes

Envellecemento

A función das células nai queda diminuída coa idade e isto contribúe á deterioración progresiva da reparación e mantemento de tecidos. Unha causa probablemente importante do incremento desta disfunción das células nai é a acumulación dependente da idade de danos no ADN, tanto nas propias células nai coma nas células que forman o contorno das células nai. (Ver tamén teoría do envellecemento por danos no ADN.)

Porén, as células nai adultas poden ser revertidas artificialmente a un estado no que se comportan como células nai similares ás embrionarias (incluíndo os mecanismos de reparación do ADN asociados). Isto fíxose con ratos xa en 2006Ertelt, Steven. 4 July 2006. "Researcher Turns Adult Mouse Skin Cells into Embryonic Stem Cells." Bioethics. URL: http://www.lifenews.com/2006/07/04/bio-1593. con perspectivas futuras de talvez poder deter o envellecemento humano substancialmente. Tales células son un dos varios tipos de células nai inducidas.

Función Vías de sinalización A investigación sobre as células nai adultas centrouse nos mecanismos moleculares xerais que controlan a súa autorrenovación e diferenciación Notch A vía de Notch coñécese en bioloxía do desenvolvemento desde hai décadas. O seu papel no control da proliferación das células nai foi demostrado en varios tipos celulares, como as células nai hematopoéticas, neurais e mamarias. Wnt Estas vías de desenvolvemento están tamén moi implicadas na regulación de células nai. TGFβ A familia do TGFβ de citocinas regula o carácter de célula nai de células nai normais e células nai cancerosas.

Tipos

Células nai hematopoiéticas

As células nai hematopoéticas son células nai que poden diferenciarse en células sanguíneas. Este proceso chámase hematopoese. As células nai hematopoéticas encóntranse na medula ósea e sangue do cordón umbilical.

Células nai mamarias

As células nai mamarias proporcionan a fonte de células nai necesarias para o crecemento da glándula mamaria durante a puberdade e xestación e desempeñan un importante papel na carcinoxénese da mama. As células nai mamarias foron illadas de tecidos humanos e de rato e de liñas de cultivo derivadas da glándula mamaria. Unha destas células pode dar lugar aos tipos celulares luminal e mioepitelial da glándula e teñen a capacidade de rexenerar un órgano completo en ratos.

Células nai intestinais As células nai intestinais divídense continuamente ao longo da vida e usan un complexo programa xenético para prodcir as células que tapizan a superficie dos intestinos delgado e groso. As células nai intestinais encóntranse preto da base dos nichos de células nai chamados criptas de Lieberkühn. As céllas nai intestinais son probablemente a fonte da maioría dos cancros do intestino delgado e o colon.

Células nai mesenquimais As células nai mesenquimais son de orixe estromática e poden diferenciarse en diversos tecidos. As céluals nai mesenquimais foron illadas da placenta, tecido adiposo, pulmóns, medula ósea, sangue, xelatina de Wharton do cordón umbilical, e dentes (nicho perivascular da polpa dental e ligamento periodontal). As células nai mesenquimais son interesantes para a terapia clínica debido á súa capacidade de diferenciarse, proporcionaren soporte trófico e modularen a resposta inmunitaria innata. Estas células teñen a capacidade de diferenciarse en varios tipos celulares como osteoblastos, condroblastos, adipocitos, células do neuroectoderma e hepatocitos. Os mediadores bioactivos que favorecen o crecemento das células locais son tamén segregdos por células nai hematopoéticas. Tamén se observaron efectos antiinflamatorios sobre o microambiente local, que promoven a curación de tecidos. A resposta inflamatoria pode ser modulada por células rexenerativas derivadas das adiposas ou ADRC (do inglés adipose-derived regenerative cells), incluíndo as células nai mesenquimais e linfocitos T reguladores. As células nai mesenquimais alteran así o resultado da resposta inmunitaria ao cambiar a secreción de citocinas de subconxuntos de células T e dendríticas. Isto ten como resultado un cambio desde un ambiente celular proinflamatorio a outro antiinflamatorio ou tolerante.

Células nai endoteliais As células nai endoteliais son un dos tres tipos de células nai multipotentes que se encontran na medula ósea. Son un grupo raro e controvertido coa capacidade de diferenciarse en células endoteliais, as células que tapizan os vasos sanguíneos.

Células nai neurais

A existencia de células nai no cerebro adulto foi postulada despois do descubrimento de que o proceso de neuroxénese, o nacemento de novas neuronas, continúa durante a etapa adulta en ratas. Da presenza de células nai neurais no cerebro maduro de primates informouse en 1967. Desde entón demostrouse que se xeran neuronas en ratos adultos, aves canoras e primates, incluíndo humanos. Normalmente, a neuroxénese adulta está restrinxida a dúas áreas do cerebro: a zona subventricular, que recobre os ventrículos laterais e o xiro dentado da formación do hipocampo. Aínda que a xeración de novas neuronas no hipocampo está ben establecida, a presenza de verdadeiras células nai autorrenovantes foi discutida. En certas circunstancias, como despois de danos nun tecido en isquemia, a neuroxénese pode ser inducida noutras rexións do cerebro, como o neocórtex.