Os egobarros, tamén alcumados namarinos (en ), eran unha tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense. O seu territorio atopábase a carón do río Eo, ao oeste doutros pobos galaicos como os albións e os cibarcos, e estendíase por Foz ata Viveiro. Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.

Etimoloxía Do seu nome deriva o nome do río Eo, que en tempos romanos se alternaba entre "Ego" e "Egoba" segundo testemuñou Plinio ao falar dos habitantes da beira da ría.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas

Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia