Tamperelainen é un xornal local finlandés da cidade de Tampere, mais tamén é distribuído nos municipios veciños de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Pirkkala e Ylöjärvi. Foi fundado o 19 de setembro de 1957.

O xornal ten unha tiraxe de 142 000 exemplares na súa edición dos mércores e de 105 000 na edición da fin de semana, así como unha gran tiraxe mensual de 183 000 exemplares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Tamperelainen

Categoría:Prensa escrita de Tampere Categoría:Xornais de Finlandia