O Kulttuuritalo Laikku (en galego Casa da cultura Laikku) é un centro de arte e eventos da cidade de Tampere (Finlandia), inaugurado o 28 de abril de 2018. Está situado no número 4 de Keskustori (Praza Central), nas proximidades do Tammerkoski. O edificio foi coñecido anteriormente como Antiga Biblioteca ao ter acollido a antiga biblioteca principal da cidade. O edificio foi deseñado por Jussi e Toivo Paatela e as obras finalizaron en 1925.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Laikku
Categoría:Cultura en Tampere Categoría:Museos de Tampere