A tempada 2018–19 da Primeira División (por motivos de patrocinio LaLiga Santander) foi a 88ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezou o 17 de agosto de 2018 e rematou o 19 de maio de 2019. O campión foi o FC Barcelona, por 26ª vez na súa historia e por cuarta vez en cinco anos, cunha distancia de 11 puntos sobre o segundo clasificado, o Atlético de Madrid, e a 19 puntos do terceiro, o Real Madrid.

A máxima categoría contou cun representante galego, o Celta de Vigo. Nesta tempada debutou a Sociedad Deportiva Huesca en Primeira División e, por primeira vez na historia, a Comunidade de Madrid contou con cinco representantes na categoría: Atlético de Madrid, Real Madrid, Getafe CF, CD Leganés e Rayo Vallecano.

Notas

Véxase tamén Segunda División 2018–19 Copa do Rei 2018–19

Ligazóns externas Páxina oficial da LFP Páxina oficial da Real Federación Española

Categoría:Fútbol en 2019 2018