Octavio García Fernández, nado en Vilachá Pedrosa (Veiga, Becerreá) cara a 1882 e finado no mesmo lugar o 29 de setembro de 1953, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi fiscal municipal de Becerrea en 1905,El Regional, 28-5-1905, p. 2. e xuíz municipal de Becerreá en 1907.El Norte de Galicia, 21-10-1907, p. 2. Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1915.Verdad y Justicia, 12-6-1915, p. 6. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Becerreá en 1924.BOP Lugo, 24-10-1924, p. 2. Permaneceu no cargo ata 1927. Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con Mauro Fernández, Faustino Cela e José de Boado."Galicia en marcha", El Pueblo Gallego, 13-5-1930, p. 9.
Na República foi alcalde de Becerreá. Militou en Izquierda Republicana, da que foi directivo en Lugo. Foi nomeado xestor da Deputación provincial de Lugo polo distrito de Becerreá-Fonsagrada en decembro de 1935 e elixido presidente da Comisión xestora da Deputación o 30 de decembro.El Pueblo Gallego, 31-12-1935, p. 12. Continuou no cargo até marzo de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de decembro e ingresou na cadea de Lugo. Estivo detido sen procesamento xudicial ata o 11 de marzo de 1938 e foi condenado ao desterro en Soria. Foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas ao pago dunha multa de 50.000 pesetas e cinco anos de inhabilitación.BOE, 15-10-1940, p. 4809.
Finou en Vilachá Pedrosa o 29 de setembro de 1953.Necrolóxica en El Progreso, 1-10-1953, p. 3.
Vida persoal
Casou en Becerreá con Ana Fernández Poy en 1920,El Eco de Santiago, 5-11-1920, p. 2. e foi pai de Serafín e María García Fernández. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950) Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Avogados de Becerreá Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Becerreá
Categoría:Finados en 1953 Categoría:Nados en 1882 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes