miniatura|dereita|150px|József Bozsik en 1953. József Bozsik, nado en Kispest (distrito de Budapest) o 28 de novembro de 1925 e finado en Budapest o 31 de maio de 1978, foi un futbolista húngaro.
Traxectoria József Bozsik, alcumado 'Cucu' pola súa avoa creceu xogando ó fútbol nos equipos locais de Kispest.
Cando tiña 11 anos, o KAC fixouse nel e fichouno para o seu equipo xuvenil. Debuta co primeiro equipo no ano 1943.
O 17 de agosto de 1947 xoga o seu primeiro encontro para a selección sendo Bulgaria o seu rival. Bozsik xogaría un total de 101 encontros internacionais e anotaría 11 goles ata o seu retiro da selección no ano 1962. Nestes anos sería campión olímpico en 1952, subcampión do mundo en 1954 e participou nas goleadas de 6-3 e 7-1 a Inglaterra.
Bozsik foi considerado o mellor mediocentro atacante do mundo, cunha gran técnica e creatividade, sendo unha das grandes estrelas da selección e do Hónved FC durante moitos anos.
Morreu ós 52 anos vítima dun ataque cardíaco.
Categoría:Futbolistas olímpicos de Hungría Categoría:Xogadores do Budapest Honvéd FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Nados en 1925 Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores do Budapest Honvéd FC Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Hungría Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Políticos de Hungría Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958