O folículo piloso é un órgano que se encontra na pel dos mamíferos, de onde nacen os pelos. Encóntrase na capa dérmica da pel e está constituído por ata 20 tipos celulares, cada un con distinta función. O folíuclo piloso regula o crecemento do pelo por medio de complexas interaccións entre hormonas, neuropéptidos e células inmunes. Esta complexa interacción induce que o folículo piloso produza os diferentes tipos de pelos ou cabelos que crecen nas distintas partes do corpo. Por exemplo, o crecemento de cabelos terminais no coiro cebeludo e de pelos de lanugo que cobren o corpo do feto no útero e nalgúns bebés ao naceren. O proceso do crecemento do pelo ocore por medio de distintas etapas secuenciais. A primeira etapa chámaxe anáxena e é a fase de crecemento activa, a telóxena é a fase de repouso, a catáxena é a regresión da fase de folículo piloso, a exóxena é a fase de caída activa de pelo e, finalmente, a quenóxena é a fase entre o folículo piloso baleiro e o crecemento de novo pelo.

A función dos pelos humanos interesou desde longo tempo e continúa sendo un asunto importante na sociedade, bioloxía do desenvolvemento e medicina. De entre todos os mamíferos, os humanos teñen a fase de crecemento dos cabelos do coiro cabeludo máis longa en comparación co crecemento do pelo noutras partes do corpo. Durante séculos, os humanos déronlle unha importancia estética aos cabelos e estilo de corte de pelo e peiteado e a miúdo é unha forma de comunicación social ou de normas culturais da sociedade. Ademais do seu papel en definir a aparencia humana, os cabelos do coiro cabeludo tamén proporcionan potección conta os raios UV do sol e son un illante fronte o frío ou calor extremos. As diferenzas na forma dos folículos pilosos do coiro cabeludo determinan as diferenzas étnicas observadas na aparencia, lonxitude e textura do cabelo.

Existen moitas enfermidades humanas nas cales as anormalidades no aspecto, textura e crecemento do pelo son signos de enfermidades locais dos folículos pilosos ou de enfermidades sistémicas. Entre as enfermidades máis coñecidas dos folículso pilosos están a alopecia ou perda de pelo, hirsutismo ou exceso de crecemento de pelo e lupus eritematoso.

Estrutura

miniatura|300px|Estrutura dun folículo piloso. A posición e distribución de folículos pilosos cambia segundo a parte do corpo. Por exemplo, a pel das palmas das mans e plantas dos pés non ten folículos pilosos, mentres que a pel de tórax e abdome e o coiro cabeludo, antebrazos, pernas e xenitais teñen abundantes folículos pilosos. Hai moitas estruturas que constitúen o folículo piloso. Anatomicamente, a tríade constituída polo folículo piloso, a glándula sebácea e o músculo erector do pelo conforman a chamada unidade pilosebácea.

Un folículo piloso consta de: A papila é un grande estrutura na base do folículo piloso. Está formada principalmente por tecido conectivo e un bucle capilar. Arredor da papila está a matriz do pelo. Unha vaíña da raíz composta por unha vaíña externa e outra interna. A vaíña da raíz externa parece baleira con células cuboides cando se tinguen con hematoxilina-eosina. A vaíña da raíz interna está composta por tres capas: capa de Henle, capa de Huxley e unha cutícula interna que se continúa coa capa máis externa da fibra do cabelo. A protuberancia localízase na vaíña da raíz externa no punto de inserción do músculo erector do pelo. Alberga varios tipos de células nai, que fornecen de novas células a todo o folículo piloso e toman parte na curación da epiderme despois dunha ferida. As células nai expresan o marcador LGR5+ in vivo.

Outras estruturas asociadas co folículo piloso son a copa na cal o folículo crece chamada infundíbulo, os músculos erectores dos pelos, as glándulas sebáceas, e as glándulas sudoríparas apócrinas. Os receptores do folículo piloso senten a posición do pelo.

Adherida ao folículo hai unha pequena protuberancia de fibra muscular chamada erector do pelo. Este músculo é responsable de poñer o pelo en posición máis perpendicular (erecto) á superficie da pel, e causa que o folículo faga unha lixeira protrusión sobre a pel que a rodea (piloerección) e un poro que contén aceite cutáneo. Este proceso ten como resultado que se nos pon pel de galiña.

Tamén unida ao folículo piloso está unha glándula sebácea, que produce unha substancia aceitosa ou cérea, o sebo. Canto maior é a densidade de pelos, máis glándulas sebáceas se encontran.

Variación

Hai diferenzas étnicas nalgunhas das características do pelo. As diferenzas en aparencia e textura do pelo débense a moitos factores: a posición do bulbo do pelo en relación co folículo piloso, tamaño e forma da paila dérmica e a curvatura do folículo piloso. Os folículos do coiro cabeludo en caucasianos son de forma elíptica e, por tanto, producen pelo recto ou ondulado, mentres que o pelo do coiro cabeludo de persoas de ascendencia africana é máis curvo, o que ten como resultado o crecemento de pelo fortemente rizo. +Características do pelo terminal do coiro cabeludo por etniaetniadiámetro (micrómetro)forma da sección transversalaspectocaucasiana de pelo loiro40–80elípticarecto ou onduladocaucasiana de pelo marrón escuro/negro/vermello50–90elípticarecto ou onduladoafricana60–100elíptica e con forma de fitarizoasiática80–100circularrecto

+Características do pelo terminal do coiro cabeludo por taxon animaldiámetro (micrómetros)forma da sección transversalaspectoChimpancé101-113circularrectoOrangután140-170circularrectoBisonte110circularrecto

Desenvolvemento No útero o epitelio e o mesénquima subxacente do feto interacconan para formar os folículos pilosos. Wednesday, 19 December 2018

Envellecemento Un aspecto clave da perda de cabelo que ocorre coa idade é o envellecemento do folículo piloso. Normalmente, a renovación do folículo piloso mantense grazas ás células nai asociadas con cada folículo. O envellecemento do folículo piloso parece iniciarse por unha resposta celular sostida a danos no ADN que se acumulan nas células nai de renovación durante o envellecemento. Esta resposta aos danos implica a proteólise do coláxeno de tipo XVII realizada polo encima elastase dos neutrófilos en resposta aos danos no ADN das células nai do folículo. A proteólise do coláxeno leva á elimianción das células danadas e despois á miniaturización do folículo do pelo terminal.

Crecemento do pelo miniatura|300px|Ciclo do folículo piloso miniatura|300px|Folículo piloso

O pelo crece en ciclos que constan de varias fases: (comprehensive topic review, successor to landmark review of 1954 by HB Chase) A fase anáxena é a fase de crecemento; a catáxena é a fase de involución ou regresión; e a telóxena é a fase de repouso ou quiescente (nomes derivados dos prefixos gregos ana-, kata- e telos-, que significan arriba, abaixo e final, respectivamente). Cada fase ten varias subfases distinguibles morfolóxica e histoloxicamente. Antes de empezar o ciclo hai unha fase de morfoxénese folicular (formación do folículo). Distínguese tamén unha fase de caída ou exóxena, que é independente da anáxena e telóxena, na que existen un ou varios pelos que se poderían orixinar a partir dun só folículo. Normalmente ata o 90% dos folículos pilosos están en fase anáxena, mentres que o 10–14% están en fase telóxena e 1–2% na catáxena. A lonxitude do ciclo varía en diferentes partes do corpo. No caso dos pelos das cellas, o ciclo complétase arredor de 4 meses, mentres que nos cabelos do coiro cabeludo tarda en finalizar de 3 a 4 anos; esta é a razón pola cal as cellas teñen unha lonxitude moito máis curta comparadas cos cabelos. Os ciclos de crcemento están controlados por un sinal quimico como é o factor de crecemento epidérmico. O DLX3 é un regulador crucial da diferenciación do folículo piloso e do seu ciclo.

Fase anáxena

A anáxena é a fase de crecemento activo dos folículos pilosos durante a cal a raíz do pelo está dividíndose acivamente, aumentando o talo do pelo. Durante esta fase o pelo crece aproximadamente 1 cm cada 28 días. Os cabelos do coiro cabeludo permanecen nesta fase de crecemento activo durante de 2 a 7 anos; este período está determinado xeneticamente. Ao final da fase anáxena un sinal descoñecido causa que o folículo pase á fase catáxena.

Fase catáxena

A fase catáxena é unha etapa de transición curta que ocorre ao final da fase anáxena. Indica o final da fase de crecemento activo do pelo. Esta fase dura unhas dúas ou tres semanas. O folículo encóllese e a parte do folículo en contacto coa porción inferior do pelo despégase. Este proceso corta a subministración de sangue ao pelo e ademais déixase de producir melanina. Cando este pelo está completamente formado, un proceso que dura unhas dúas semanas, o folículo piloso entra na fase telóxena.

Fase telóxena

A fase telóxena é a fase de repouso do flículo piloso. Cando o corpo está suxeito a un grande estrés, ata o 70 % do pelo pode entrar prematuramente en fase telóxena e empeza a caer, causando unha perda de pelo evidente. Esta condición denomínase efluvio telóxeno. O pelo que é o produto final da fase telóxena do folículo é un pelo morto, totalmente queratinizado. Diariamente caen de 50 a 100 cabelos.

Escala temporal Cabelos do coiro cabeludo: o tempo que duran estas fases varía de persoa a persoa. As diferentes cores de pelo e forma dos folículos afecta á duración destas fases. Fase anáxena, de 2 a 8 anos (por veces máis longa) Fase catáxena, 2–3 semanas Fase telóxena, arredor de 3 meses Cellas: Fase anáxena, de 4–7 meses Fase catáxena, 3–4 semanas Fase telóxena, uns 9 meses

Importancia clínica Enfermidades

Hai moitas enfermidades humanas nas que se observan alteracións no aspecto normal, textura e crecemento do pelo, o cal é signo de enfermidade local no folículo piloso ou enfermidade sistémica. Entre as máis coñecidas están a alopecia, o hirsutismo ou exceso de crecemento do pelo e o lupus eritematoso. Por tanto, comprender a función do folículo piloso normal é fundamental para diagnosticar e tratar moitas doenzas dermatolóxicas e sistémicas con anormalidades no pelo.

Restauración do pelo

Nos folículos pilosos baséanse os dous principais métodos de transplante de pelo na restauración do pelo, que son o transplante de unidade folicular e a extracción de unidade folicular. En cada un destes métodos, extráense grupos naturais dun a catro pelos, chamados unidades foliculares, do paciente no que se vai facer a restauración e despois implántanse cirurxicamente na zona calva do coiro cabeludo do paciente, coñecida como área receptora. Estes folículos extráense de áreas doantes do coiro cabeludo, ou doutras partes do corpo, que son normalmente resistentes aos efectos de miniaturización da hormona DHT. É esta miniaturización do talo do pelo o que é o principal indicador preditivo da alopecia androxénica, xeralmente denominada calvicie masculina ou perda de pelo masculina. Cando se transplantan estes folículos resistentes á DHT á área receptora, continúa crecendo pelo no seu ciclo normal, o que proporciona ao paciente en restauración un pelo permanente que crece naturalmente. Máis do 60% dos homes e un 10% das mulleres sofren de perda de cabelo.

Mentres que o transplante de pelo xa se iniciou na década de 1950, e o cultivo de folículos pilosos humanos extraídos in vitro data de inicios da década de 1980, o uso do transplante de unidades foliculares individuais non se introduciu ata 1995.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Anatomía do pelo