miniatura|A célula hóspede detecta a presenza do patóxeno directamente polos padróns moleculares que presenta o patóxeno e indirectamente polos danos causados á célula hóspede polas toxinas xeradas polo patóxeno. A inmunidade causada por efector ou inmunidade desencadeada por efector (abreviada na literatura inglesa como ETI, de Effector-triggered immunity) é unha propiedade do sistema inmunitario innato. A inmunidade causada por efector foi identificada primeiramente en plantas, pero tamén se identificou en células animais.

O sistema inmunitario innato é común a todos os organismos multicelulares e forma a primeira liña de defensa contra os patóxenos. As células infectadas recoñecen que están sufrindo un ataque ao detectaren o patóxeno directamente por medio dos padróns moleculares asociados a patóxenos (PAMPs) que ten este, que se unen a receptores de recoñecemento de padrón (PRRs) das células do hóspede. As células do hóspede tamén recoñecen o patóxeno por inmunidade causada por efector, na cal as células do hóspede son alertadas da presenza do patóxeno polos danos causados polas toxinas ou moléculas efectoras do patóxeno.

Notas

Categoría:Sistema inmunitario