The Celator foi unha revista numismática estadounidense de periodicidade mensual centrada no mercado da numismática antiga e da medieval.The Celator . Sitio web. Foi fundada en 1987 polo comerciante numismático Wayne Sayles en formato de prensa tradicional. Nunha segunda etapa, con Kerry Wetterstrom como editor xeral, The Celator pasou a editarse con formato de revista.Marotta, M. E. (2000). "The Celator". Entre 1988 e 1995 publicouse ademais Best of The Celator, con periodicidade anual. A revista estaba radicada en Lancaster, Pensilvania.Sayles, W. G. (2003). Ancient Coin Collecting. F+W Media, Inc. Páxina 54. ISBN 0-87349-515-2
A publicación de The Celator cesou en 2012.The Celator . Vol. 26. Nº 5. Maio/xuño.
The Celator foi recoñecida con diversos premios do Numismatic Literary Guild, entre os que é de salientar o da mellor columna (en 2004 e 2005), mellor artigo (en 2005 e 2006) e mellor número (en 2006)."Annual Writers’ Competition ". Numismatic Literary Guild.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web de The Celator
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América Categoría:Revistas científicas