Pedro López Vázquez, nado en San Mamede de Carnota o 18 de agosto de 1892 e finado no mesmo lugar o 24 de marzo de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo único de Juan López "Xan das Cacharras". Membro da sociedade agraria Unión de Carnota, foi un dos promotores da Federación Agraria do Partido de Muros creada en 1922.Heraldo de Galicia, 25-6-1922, p. 6. Foi nomeado mestre interino da escola de nenos de Brión en abril de 1922.El Ideal Gallego, 7-4-1922, p. 5. Nese ano solicitou autorización para abrir unha escola en Vilar de Parada.El Correo Gallego, 24-10-1922, p. 1. Mestre da escola de Canedo. Publicou algunha colaboración en El Eco de Santiago e El Compostelano.
Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, en marzo de 1937, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa que usaba para dar escola no Campiño, en Vilar de Parada. Torturado durante varios días, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os asasinos botáronlle unha carta por debaixo da porta ao seu pai, para que se fixese cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debía facer. En abril a Comisión Depuradora do Maxisterio requiriuno para enviarlle os pregos de cargos.El Compostelano, 23-4-1937, p. 2. Foi separado do servizo e baixa no posto en xullo de 1940.El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carnota no tempo Outros artigos Depuración franquista do maxisterio
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos