Manuel Antonio Lourenzo Sobral, nado en Soutomaior en 1979, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego. alt=Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.|miniatura|Papeleta do BNG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Ensino Secundario en Redondela. Concelleiro en Soutomaior polo BNG dende 2013. Encabezou a candidatura do BNG en dito concello nas eleccións municipais de 2015 e 2019, conseguindo unha mellora notable dos resultados da súa formación e quedando no 2019 a 43 papeletas de lograla vitoria sobre o PPdeG.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. e foi elixido deputado. Volveu encabezar a candidatura do BNG en Soutomaior nas eleccións municipais de 2023 sendo a forza máis votada con 6 concelleiros, polo que foi elixido alcalde logrando o apoio da única concelleira do PSdeG, coa que formaría goberno.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Soutomaior Ligazóns externas na páxina web do Parlamento de Galicia.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Concelleiros de Soutomaior Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Nados en 1979

Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alcaldes de Soutomaior