miniatura|Molécula de hemoglobina formada por 4 subunidades. A parte proteica está en azul e vermello e a non proteica (un grupo hemo con ferro) en verde. As proteínas conxugadas ou heteroproteínas son moléculas que presentan unha parte proteica (chamada apoproteína) e outra non proteica menor (grupo prostético). Isto diferénciaas das proteínas simples ou holoproteínas. Exemplos son: lipoproteínas, glicoproteínas, fosfoproteínas, hemoproteínas, flavoproteínas, metaloproteínas, fitocromos, citocromos, opsinas e cromoproteínas. Todas son globulares e clasifícanse en función do grupo prostético.

Poden clasificarse en:

Fosfoproteínas.- Presentan ácido fosfórico e son de carácter ácido. Por exemplo, moitos encimas e as caseínas alfa, beta e gamma. Glicoproteínas.- Cun glícido unido covalentemente á proteína. Desempeñan funcións encimáticas, hormonais, de coagulación, etc. Destacan as inmunoglobulinas. Lipoproteínas.- Lípido máis proteína. Abundan nas membranas mitocondriais e no soro sanguíneo. Por exemplo, os quilomicrons. Nucleoproteínas.- Ácido nucleico máis proteína. Por exemplo, certas proteínas víricas. Cromoproteínas.- Caracterízanse porque a fracción non proteica presenta coloración xeralmente debido á presenza de metais. Destacan os pigmentos respiratorios (hemoglobina), almacéns de oxíxeno (mioglobina), proteínas que interveñen na transferencia de electróns (citocromos, flavoproteínas), pigmentos visuais (rodopsina, iodopsina).

Notas

Categoría:Proteínas