Manuel Fernández Arias, nado en Marentes en 1919 e finado en Guingamp en febreiro de 2011, foi un combatente español de La Nueve, unidade integrada na División Leclerc, coñecida por ser a vangarda das tropas aliadas na liberación de París durante a segunda guerra mundial.

Traxectoria Naceu en 1919 en Marentes, localidade pertencente ao concello asturiano de Ibias. Tras finalizar a guerra civil española, cumpriu penas de traballos forzados e acabou fuxindo a Francia, alistándose na Lexión Estranxeira, combatendo no Norte de África.

Enrolado na 2ª División Blindada do xeneral Philippe Leclerc, tras o desembarco de Normandía combateu na liberación da Francia continental, obtendo a Cruz de Guerra da Francia Libre. Caeu enfermo días antes da entrada definitiva da unidade en París en agosto de 1944, non podendo entrar na casa consistorial cos seus compañeiros de armas. Convalecente durante o resto do conflito, continuou posteriormente a súa vida en Francia.:

Faleceu en febreiro de 2011 no hospital da cidade bretoa de Guingamp.

Recoñecementos

Cruz de Guerra Cabaleiro da Lexión de Honra Medalla de Prata do Principado de Asturias (2004) Medalla Grand Vermeil da Vila de París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Militares españois do Exército Francés na segunda guerra mundial Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Ibias