Unha fosfoproteína é unha proteína que contén un grupo fosfato unido, que se engade por modificación postraducional. Pode levar unido un só grupo fosfato simple ou unha molécula complexa como o 5'-fosfo-ADN, enlazada polo fosfato. O aminoácido ao que está unido o fosfato adoita ser un residuo de serina, treonina ou tirosina (principalmente en eucariotas), ou de ácido aspártico ou histidina (principalmente en procariotas).UniProt Keyword - Phosphoprotein Un exemplo de fosfoproteína é a caseína do leite.

A base de datos UniProt contiña máis de 90 000 entradas sobre fosfoproteínas en 2010. En 2013, a base de datos PhosphoSitePlus rexistrou arredor de 206 000 sitios de fosforilación en case 20 000 fosfoproteínas. Arredor dun terzo do proteoma dos mamíferos son fosfoproteínas.

A fosforilación de proteínas é un importante mecanismo regulador nas células. A fosforilación realízana proteína quinases e a desfosforilación, fosfatases.

As fosfoproteínas propuxéronse como biomarcadores para o cancro de mama.Liquid Biopsy Could Get Boost from Phosphoproteins. 2017

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fosforilación de proteínas

Categoría:Proteínas