Abū ʿAbdillāh Muhammad ibn Idrīs al-Shāfiʿī (en ), nado en Gaza en 767 e finado en al-Fustat o 19 de xaneiro de 820, foi un teólogo, escritor e estudoso musulmán árabe, primeiro contribuidor aos principios da xurisprudencia islámica (Uṣūl al-fiqh). Moitas veces denominado "Shaykh al-Islām", al-Shāfi‘ī foi un dos catro imáns, cun legado sobre asuntos e ensinanzas xurídicas que finalmente levaron á escola Shafi'i da fiqh (ou Madh'hab). Foi o estudoso máis destacado do imán Malik ibn Anas, e tamén actuou como gobernador de Najar.
Biografías A biografía de al-Shāfi‘i é difícil de seguir. Dise que Dawud al-Zahiri foi o primeiro que escribiu unha biografía del, mais o libro perdeuse.Al-Nawawi, Tahdhib al-Asma wal-Lughat, v. 1, páx. 82Ibn Hajar al-Asqalani, Tawalli al-Ta`sis li-Ma'ali Muhammad bin Idris, páx. 26 A biografía máis antigo que se conserva é de Ibn Abi Hatim al-Razi (falecido en 327) e non é máis que unha colección de anécdotas, algunhas delas fantásticas. Un resumo biográfico escrito por Zakarīya b. Yahya al-Sājī foi reproducido posteriormente, mais mesmo entón, gran cantidade de lendas apareceran na historia da vida de al-Shāfi‘i. A primeira biografía real é de Ahmad Bayhaqi (finado en 1066) e está chea dunha visión modernista que a cualificaría como lendas piadosas.
Obras Al-Shafi'i escribiu máis de cen libros,David Waines, An Introduction to Islam, Cambridge University Press, 2003, páx. 68 entre elas: Al-Risala, o libro máis coñecido de al-Shafi'i en que examinou os principios da xurisprudencia. Kitab al-Umm, principal texto sobrevivente da fiqh Shafi'i. Musnad al-Shafi'i (sobre o hadith), dispoñible con arranxos por Ahmad ibn Abd ar-Rahman al-Banna.
Ademais, al-Shafi'i foi un poeta elocuente que compuxo moitos poemas breves morais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ruthven Malise, Islam in the World. 3rd edition Granta Books, Londres 2006 ch. 4 Majid Khadduri (trans.), "al-Shafi'i's Risala: Treatise on the Foundation of Islamic Jurisprudence". Islamic Texts Society 1961, reprinted 1997. . al-Shafi'i, Muhammad b. Idris,"The Book of the Amalgamation of Knowledge" translated by Aisha Y. Musa in Hadith as Scripture: Discussions on The Authority Of Prophetic Traditions in Islam, Nova York: Palgrave, 2008
Ligazóns externas Biodata at MuslimScholars.info The Biography of Imam ash-Shafi'i The Life of Imam al-Shafi'i at Lost Islamic History Short Biography of Imam Shafi'i Concise Summary of Imam Shafi'i Diagram of teachers and students of Imam Shafi'i The Mausoleum of Imam al-Shafi'i
Categoría:Nados en Palestina Categoría:Nados en 767 Categoría:Finados en 820 Categoría:Personalidades do islam Categoría:Teólogos musulmáns Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Imáns (relixión)