Unha Liga profesional é un tipo especial de asociación deportiva en España ao abeiro da Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporteLey 10/1990, de 15 de octubre, del Deporte Boletín Oficial del Estado , integrada exclusiva e obrigatoriamente polos clubs ou sociedades anónimas deportivas que forman parte dunha liga oficial profesional de ámbito estatal

Lexislación

O artigo 41 da Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte desenvolve a composición e competencias das Ligas Profesionais:

Así mesmo, o artigo 8 da devandita Lei especifica que é o Consello Superior de Deportes quen se encarga de cualificar as competicións oficiais de carácter profesional e ámbito estatal. Alén diso, no artigo 46 da mesma Lei di que serán criterios para a cualificación de competicións de carácter profesional, entre outros, a existencia de vínculos laborais entre Clubs e deportistas e a importancia e dimensión económica da competición.

Listaxe

Gozan deste recoñecemento a Liga de Fútbol Profesional, que inclúe a Primeira e Segunda división, e mais a Asociación de Clubs de Baloncesto que administra a liga homónima.

Notas

Categoría:Deporte en España