Leonid Kostiantinovich Kadeniuk, nado en Chernivtsi (Ucraína) o 28 de xaneiro de 1951 e finado o 31 de xaneiro de 2018, foi un astronauta ucraíno que formou parte da misión STS-87.
Traxectoria Kadeniuk graduouse na Escola Superior de Aviación de Chernihiv en 1971 e no Instituto do Estado de Investigación Científica da Forza Aérea Soviética para adestramento de pilotos de probas en 1977. Rematou o seu adestramento como cosmonauta da Unión Soviética no Centro de Adestramento para Cosmonautas Yuri Gagarin en 1978. Obtivo tamén un máster en enxeñería mecánica polo Instituto de Aviación de Moscova en 1989.
Kadeniuk nunca chegou a voar nunha misión da Unión Soviética. Despois da independencia de Ucraína foi seleccionado pola Axencia Espacial Nacional de Ucraína en 1996 para voar nunha misión da NASA, a STS-87, na que pasou 15,69 días no espazo. Faleceu o 31 de xaneiro de 2018.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-87
Categoría:Astronautas de Ucraína Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na rexión de Chernivtsi Categoría:Finados en 2018