José María Baliño Sánchez, nado en Boimorto, foi un practicante, militar e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Cereixo (A Estrada). Practicante en barcos mercantes. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno no porto de Barcelona e integrouse como voluntario no exército republicano, onde foi practicante militar provisional do Corpo de Sanidade Militar. En decembro de 1937 foi destinado para o Hospital de Evacuación do Exército do leste.

Cando rematou a guerra pasou a Francia, onde foi confinado primeiro no campo de concentración de Argelès-sur-Mer e despois no de Barcarés. Co estalido da segunda guerra mundial foron trasladados a Saint-Cyprien e despois, novamente, a Argelès-sur-Mer. En decembro de 1939 saíu cunha compañía de traballadores cara a Normandía, para traballar na construción dunha vía de ferrocarril. Alí enfermou de úlcera. Participou nunha retirada de máis de 600 quilómetros durante 12 días ata que se firmou o armisticio.

Traballou como barbeiro, facendo zapatos e agricultor até que en agosto de 1944 se incorporou á resistencia (Forces Françaises de l'Intérieur [FFI]) participando na Brigada C. Integrouse na Agrupación de Guerrilleros Españoles en Tolosa e pasou ao Estado español na invasión do Val de Arán o 19 de febreiro de 1944. O 27 dese mes acordaron retirarse, pero José María, pola súa úlcera, caeu enfermo e decidiu entregarse á Garda Civil no posto de Castejón de Valdejasa (Zaragoza). Xulgado por rebelión militar en Zaragoza o 19 de maio de 1945, foi condenado a 12 anos de prisión.Auditoría de Guerra de la Quinta Región Militar Percorreu os penais de Zaragoza, San Miguel de los Reyes, Modelo, Cáceres, Yeserías e Talavera, até que saíu do cárcere en 1949 e volveu a Cereixo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía José Mª Baliño

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido