miniatura|Esquema dos satélites KH-1. KH-1 (Keyhole-1) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.
Historia Os KH-1 foron o primeiro intento por parte dos Estados Unidos de poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-1 consistía nunha cámara Corona panorámica e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara, construída por Fairchild Camera Co., tiña unha apertura de f/5.0 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 12,9 m.
Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena A, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.
Lanzáronse dez KH-1 entre 1959 e 1960, todos mediante foguetes Thor Agena A. Catro fallaron durante o lanzamento e dos restantes, só un (KH-1 9) enviou con éxito a película a terra.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-1 125 de xuño de 1959Thor Agena AFalloKH-1 213 de agosto de 1959Thor Agena AÉxitoKH-1 319 de agosto de 1959Thor Agena AÉxitoKH-1 47 de novembro de 1959Thor Agena AÉxitoKH-1 520 de novembro de 1959Thor Agena AFallo parcialKH-1 64 de febreiro de 1960Thor Agena AFalloKH-1 719 de febreiro de 1960Thor Agena AFalloKH-1 815 de abril de 1960Thor Agena AÉxitoKH-1 918 de agosto de 1960Thor Agena AÉxitoKH-1 1013 de setembro de 1960Thor Agena AÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos KH-2 KH-3 KH-4 KH-5 KH-6 KH-7 KH-8 KH-9 KH-10 KH-11 Thor Agena A
Categoría:Satélites artificiais