Valentin Vitalievich Lebedev, nado en Moscova o 14 de abril de 1942, é un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 13, Soiuz T-5 e Soiuz T-7.

Traxectoria Lebedev graduouse na Escola Superior da Forza Aérea en Oremburgo como enxeñeiro en 1960 e doutorouse en ciencias técnicas en 1985. Entrou no corpo de cosmonautas en 1972 e participou nas misión Soiuz 13, Soiuz T-5 e Soiuz T-7. Pasou un total de 219,25 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 13 Soiuz T-5 Soiuz T-7

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Moscova