Paula Ojea Fernández-Colmeiro, nada en Nigrán en 1983, é unha enxeñeira e ceramista galega. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Premio Produto.

Traxectoria Paula Ojea comezou a facer cerámica de nena no taller municipal de Nigrán, onde tivo a Emilia Guimeráns como profesora. Estudou enxeñería de camiños, canais e portos na Universidade da Coruña e posteriormente traballou en Nova York como enxeñeira de estruturas. Tras realizar un máster en sostenibilidade e transporte en Londres marchou a Barcelona, onde traballou nunha compañía adicada ao deseño e montaxe de torres para turbinas eólicas.

Posteriormente deixou o seu traballo en Barcelona para dedicarse a cerámica en Vigo, creando o seu estudio. En 2017 recibiu a bolsa Eloy Gesto, outorgada nos Premios Artesanía de Galicia.

Recoñecementos En 2019 obtivo o recoñecemento na categoría de produto nos Premios Nacionais de Artesanía que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Paula Ojea empezou na enxeñería e rematou na cerámica. A revista fin de semana. TVG

Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1983 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premios Nacionais de Artesanía Categoría:Premios Artesanía de Galicia Categoría:Personalidades da artesanía