miniatura|200px|O porco é un exemplo de organismo iteróparo. miniatura|200px|O salmón do Pacífico é un exemplo de organismo semélparo. A iteroparidade e a semelparidade son dúas posíbeis clases de estratexias reprodutivas dispoñíbeis para os organismos viventes. Unha especie é considerada iterópara se se caracteriza por ter múltiples ciclos reprodutivos no curso da súa vida e semélpara cando se caracteriza por ter un único episodio reprodutivo antes de morrer. Ao describir este fenómeno nas plantas utilízanse os termos paralelos policarpismo e monocarpismo.
Nas especies verdadeiramente semélparas, a morte despois da reprodución é parte dunha estratexia global que inclúe usar todos os recursos dispoñíbeis en maximizar a reprodución, a expensas da continuación da vida.
En calquera poboación iterópara sucederá que algúns individuos morrerán entre os seus primeiro e segundo episodios reprodutivos, pero, a non ser que isto sexa parte dun síndrome de morte programada despois da reprodución, este fenómeno non debería confundirse coa semelparidade.
Esta distinción relaciónase coa diferenza entre plantas anuais e perennes. Unha planta anual é unha planta que completa o seu ciclo de vida nunha única estación, e é normalmente semélpara. As plantas perennes viven durante máis de unha estación e son normalmente (pero non sempre) iteróparas.Gotelli, Nicholas J. (2008): A Primer of Ecology. 4ª ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-8789-3318-1.
A semelparidade e a iteroparidade non son, estritamente falando, as únicas alternativas estratéxicas, senón extremos ao longo dun continuo de modos posíbeis de reprodución. Moitos organismos considerados semélparos poden, baixo certas condicións, separar a súa única oportunidade de reprodución en dous ou máis episodios.
Notas
Véxase tamén Bibliografía De Wreede, R. E. & T. Klinger (1990): "Reproductive strategies in algae", pp. 267–276, en: J. L. Lovett-Doust & L. L. Lovett-Doust (eds.) Plant Reproductive Ecology: Patterns and Strategies. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1950-6394-3. Fritz, R. S.; Stamp, N. E. & Halverson, T. G. (1982): "Iteroparity and semelparity in insects". The American Naturalist 120: 264-268. Ranta, E.; Tesar, D. & Kaitala, V. (2002): "Environmental variability and semelparity vs. iteroparity as life historie"». Journal of Theoretical Biology 217: 391-398.
Categoría:Reprodución Categoría:Termos biolóxicos