Mark Charles Lee, nado en Viroqua, Wisconsin, o 14 de agosto de 1952, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-30, STS-47, STS-64 e STS-82.

Traxectoria Lee graduouse en enxeñería civil pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1974 e é máster en enxeñería mecánica polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1980.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-30, STS-47, STS-64 e STS-82 e pasando un total de 32,92 días no espazo. Retirouse da NASA o 1 de xullo de 2001.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-30 STS-47 STS-64 STS-82

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Wisconsin