A dos paleotéridos (Palaeotheriidae) é unha familia extinta de mamíferos perisodáctilos herbívoros relacionada cos équidos. Viviron en Europa e Asia desde o Eoceno ata o Oligoceno temperán, desde hai 55 a 33 millóns de anos, polo que existiron durante un período de aproximadamente 22 millóns de anos.

Vivían en bosques densos e comían follas brandas, brotes, bagas e outros vexetais que atopaban no chan do bosque.

Recentemente incluíuse dentro dos paleotéridos ao xénero Hyracotherium (unha vez que se separaron del Eohippus e outros xéneros), que se relacionou cos cabalos.

Morfoloxía miniatura|esquerda|Mandíbula de Plagiolophus annectens miniatura O tamaño dos paleoterios ía de 20 a 75 cm de altura ata a cruz, e o seu peso estímase entre 10 e 30 kg.S. Legendre. 1988. Les communautes de mammiferes du Paleogene (Eocene superieur et Oligocene) d'Europe occidentale: structure, milieux et evolution. Ph.D. thesis, Universite des Sciences et Techniques du Languedoc, Montpellier, France. 2 volumes. 1-265

Extinción

As probas suxiren que os paleotéridos se extinguiron en Eurasia durante o Oligoceno temperán, aproximadamente hai 33 millóns de anos, como parte do evento de renovación de fauna que tivo lugar na chamada Grande Coupure (Gran Corte). Na transición Eoceno-Oligoceno houbo un significativo arrefriamento global do clima causado polo comezo da glaciación antártica. Isto tivo como resultado a creación de hábitats máis secos e abertos, que dominaban o Oligoceno temperán e a perda dos densos bosques que caracterizaron a época do Eoceno. Este cambio ambiental, acoplado á chegada de grupos de mamñiferos novos e mellor adaptados desde Asia, supuxo o comezo do declive dos mamíferos endémicos de Europa, como os palaeotéridos e os anoplotéridos. Na cunca de Hampshire do sur de Inglaterra os últimos paleotéridos rexistrados son do Membro Hamstead Inferior da Formación Bouldnor, que datan de aproximadamente 33,6 millóns de anos.

Distribución dos fósiles Sitio de Creechbarrow Hill, Dorset, Inglaterra Geiseltal, Mittelkohle, Zona III, Saxonia-Anhalt, Alemaña Egerkingen, fusuras Alfa & Beta, Baselland, Suíza La Debruge, Rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia Montañas do Cáucaso en Xeorxia

Xéneros A familia dos paleotéridos comprende 18 xéneros:Mikko's Phylogeny Archive Anchilophus Bepitherium CantabrotheriumCasanovas-Cladellas, M.L., Santafè-Llopis, J.V., 1987. Cantabrotherium truyolsi n. g., n. sp. (Palaeotheriidae, Perissodactyla) un exemple d’endémisme dans le Paléogène ibérique. Münchner Geowissenschaftliche Abhandlungen, 10, 243-252. FranzeniumCasanovas-Cladellas, M.L., Santafé-Llopis, J.V., 1989. Dos nuevos Paleotéridos (Perissodactyla, Mammalia) del yacimiento eocénico de Llamaquique (Oviedo). Universidad de Oviedo, Trabajos de Geología, 18, 337-352. Hallensia Hyracotherium Leptolophus Lophiotherium MekodontheriumRemy, J.A., 2000. Un nouveau Palaeotheriidae (Perissodactyla, Mammalia) de l’Éocène moyen (Auversien) du Languedoc: Mekodontherium crocheti n. g. n. sp., de la faune de Canlong (niveau biochronologique MP 14). Comptes Rendus de l’Académie des Sciences de Paris, 331, 53-59. PachynolophusBadiola, A., Pereda-Suberbiola, X., Cuesta, M.A., 2005. Una nueva especie de Pachynolophus (Mammalia, Perissodactyla) de Zambrana (Álava, Región Vasco-Cantábrica). Análisis filogenético de Pachynolophus y primera cita en el Eoceno superior de la Península Ibérica. Geobios, 38, 1-16. Palaeotherium (tipo) Paranchilophus Paraplagiotherium Plagiolophus Propachynolophus Pseudopalaeotherium

Notas

Véxase tamén Outros artigos Evolución do cabalo

Categoría:Perisodáctilos