Alvite é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2019 tiña 14 habitantes (4 homes e 10 mulleres).
Trátase dunha zona rural orientada ao leste cara á bacía do Brandelos e ao oeste cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que se asenta sobre o monte da Barreira de Abaixo, polo que hai unha acusada pendente. Na súa contorna atópase a Fonte da Devesa, lugar de nacemento do río Brandelos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino