A cultura de La Tène () foi unha cultura arqueolóxica da Idade de Ferro europea. Desenvolveuse e prosperou durante a Idade de Ferro serodia (dende o 450 a. C. até a conquista romana no século I a. C.), sucedendo a Idade de Ferro temperá da cultura de Hallstatt sen unha rotura cultural definitiva, baixo o pulo dunha influencia mediterránea considerábel por parte dos gregos na Galia prerromana, dos etruscosSarunas Milisauskas, European Prehistory: a survey, p. 354 e da cultura de Golasecca.Venceslas Kruta, La grande storia dei Celti. La nascita, l'affermazione, la decadenza, (Newton & Compton), Roma, 2003 , a translation of Les Celtes, histoire et dictionnaire. Des origines à la romanisation et au christianisme, Robert Laffont, París, 2000, without the dictionary
A extensión territorial da cultura de La Tène correspóndese co que hoxe é Francia, Bélxica, Suíza, Austria, o sur de Alemaña, a República Checa, partes do norte de Italia, Eslovenia e Hungría, así como partes adxacentes dos Países Baixos, Eslovaquia,A cultura de La Tène estivo presente na zona suroeste de Eslovaquia, limitando ou superpoñéndose coa cultura de Púchov na paret norte e central de Eslovaquia. Croacia,Croatia formou parte da zona oriental de Hallstatt, e os Ilirios da antigüidade clásica foron culturalmente influenciados tanto polos celtas (La Tène) como pola cultura helenística. Transilvania (oeste de Romanía), e Transcarpatia (oeste de Ucraína).G. Kazakevich, "The La Tène culture of the Trans-Carpathian area: Is the migration model still relevant?", UDK 94(477.87:364): "The only region of the present day Ukraine where the La Tène sites are sufficiently widespread is the Trans-Carpathian area which lies south-westwards of the Carpathian mountains." Os celtiberos do oeste de Iberia compartían moitos trazos desta cultura, aínda que non así o estilo artístico. Polo norte estendíase a contemporánea Idade de Ferro prerromana do norte de Europa, que incluía a cultura de Jartorf do norte de Alemaña.miniatura|350x350px|Mapa mostrando a distribución da cultura Hallstatt e La Tène.
|centro Notas
Categoría:Historia de Europa Categoría:Idade de Ferro Categoría:Culturas arqueolóxicas