Iuri Valentinovich Lonchakov, nado en Balkhash (Kazakhstán) o 4 de marzo de 1965, é un astronauta ruso que formou parte das misións STS-100, Soiuz TMA-1, Soiuz TMA-13 e Soiuz TM-34 e foi membro da Expedición 18 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Lonchakov graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea en Orenburg en 1986 e en 1998 graduose como piloto e enxeñeiro pola Academia Zhukovski da Forza Aérea.

Foi seleccionado como astronauta en decembro de 1997, participando nas misións STS-100, Soiuz TMA-1, Soiuz TMA-13 e Soiuz TM-34 e sendo membro da Expedición 18 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 200,78 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-100 Soiuz TMA-1 Soiuz TMA-13 Soiuz TM-34 Expedición 18 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Kazakhstán