Máscara pódese referir a:

Careta, obxecto que representa unha cara, que utilizan as persoas para cubriren o rostro, caranta, carantoña, carauta, careta, caroza, felo. Tamén o personaxe que leva unha destas máscaras. Máscara respiratoria, equipamento de protección individual co que se cobre a cara. Destas hai diferentes variedades: Máscara cirúrxica ou máscara autofiltrante, utilizada polos profesionais da saúde; tamén utilizadas en medios industriais e para se protexer da polución; Máscara FFP1; Máscara FFP2; Máscara FFP3; Máscara N95;

Cosmética Máscara, preparado que se aplica sobre a pel da cara ou do pescozo ou sobre o cabelo con finalidade estética ou reparadora. Arte Máscara funeraria ou máscara mortuoria; Máscara de CHorona, unHa escultura de Auguste Rodin; máscara do Remorso, un monumento conmemorativo na cidade de Magadán (Rusia); máscara de marfil de Benín, uns retratos tallados no Reino de Benín no século XVI.

Cinema Mask, filme de 1985 con Cher e Sam Elliot; The Mask, filme con Jim Carrey, exhibido en Galicia como "A Máscara".

Banda deseñada The Mask, personaxe de banda deseñada coñecido como "A Máscara"; Máscara Negra, personaxe de DC Comics. Madame Máscara, personaxe de Marvel Comics.

Xeografía Mascara, nome polo que se coñecía a cidade de Alxeria Muaskar.

Informática e tecnoloxía máscara, un conxunto de datos que, xunto cunha operación, permiten extraer selectivamente certos datos almacenados; máscara de rede, unha combinación de bits que serven para delimitar o ámbito dunha rede de computadoras; máscara wildcard, unha máscara de bits que indica as partes dun enderezo de IP relevantes para unha acción; máscara de sombra, as tecnoloxías para fabricar televisores e pantallas de ordenador de tubos de raios catódicos; máscara de Bahtinov, un dispositivo para enfocar pequenos telescopios astronómicos.

Outros usos máscara antigás, un dispositivo de uso individual, que se axusta á cabeza para protexer de vapores e gases velenosos; máscara neutra ou máscara da calma e o silencio, un instrumento pedagóxico; máscara de soldar, parte do equipo de seguranza para os procesos de soldadura eléctrica; máscara, un instrumento de tortura da Idade Media; máscara de Guy Fawkes, unha careta representativa dun conspirador inglés; máscaras mexicanas, obxectos para bailes e cerimonias tradicionais en México.