Durante a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División B (afrontando a súa 2ª campaña en dita categoría).
Resumo da tempada
Agosto O Deportivo da Coruña iniciou os adestramentos de pretempada o 24 de agosto, sen ter aínda seguro en que categoría xogaría, debido ao ocorrido na última xornada da tempada 2019/20. Ao día seguinte anunciouse que o novo adestrador de porteiros sería o vigués Alberto Casal, que ata entón exercía esa función no Fabril. O 27 de agosto, tras unha reunión do CSD coa liga e a Federación rexeitouse definitivamente a proposta dunha Segunda División de 24 equipos, confirmándose así o descenso do Deportivo á Segunda B.
O 28 de agosto anunciouse a marcha do porteiro Dani Giménez, ao non chegar a un acordo co club.
Setembro O 1 de setembro Borja Valle confirmou a súa marcha do club cunha carta á afección, e ao día seguinte fixo o mesmo David Simón, que unhas horas despois foi anunciado como novo xogador do Cartagena. O 3 de setembro foi Christian Santos quen publicou a súa despedida, sendo anunciado o mesmo día como novo dianteiro do VfL Osnabrück, da 2. Bundesliga. Tamén ese día anunciouse a fichaxe do porteiro canario Carlos Abad, que asinou por dúas tempadas, tras desvincularse do Tenerife. A tempada anterior xogara cedido no Xanthi F.C. da Superliga de Grecia. O 4 de setembro anunciouse o traspaso do xaponés Gaku Shibasaki ao CD Leganés. O Deportivo non recibiu ningún importe polo traspaso pero incluíronse varias cláusulas por obxectivos que poderían reportar diñeiro ao club coruñés. O mesmo día anunciouse o traspaso de David Sánchez ao Hércules. O 5 de setembro Fernando Vázquez anunciou que outro David Sánchez, ata entón analista do club, sería o seu segundo adestrador. Ese mesmo día coñeceuse a renovación do guadalupeño Claudio Beauvue ata o verán de 2022.
O 6 de setembro fíxose oficial a fichaxe do internacional costarriqueño Celso Borges (que xa xogara no Deportivo entre 2015 e 2018) procedente do Göztepe SK da Süper Lig turca. Ao día seguinte anunciouse a fichaxe de Ager Aketxe pola UD Almería por dúas tempadas e a volta de Luis Ruiz ao CD Lugo. O 8 de setembro o club anunciou a fichaxe do porteiro hispano-colombiano Lucho García, procedente do Sevilla. O 9 de setembro o club anunciou a renovación por tres tempadas máis do xogador da canteira Yago Gandoy. O 11 de setembro foi anunciada a cesión por unha tempada do centrocampista do Sevilla José Lara.
O 12 de setembro pechouse a fichaxe do lateral esquerdo de Valladolid Héctor Hernández, que quedara libre tras o descenso do Numancia. Dous días despois o CD Lugo, anunciou a incorporación en propiedade de Gerard Valentín, dianteiro do Deportivo que xa xogara no club lugués como cedido nas dúas tempadas anteriores. O 18 do mesmo mes anunciáronse as fichaxes do uruguaio Nacho González, procedente do Plaza Colonia, e do portugués Rui Costa, dianteiro do FC Porto que xogara a tempada pasada como cedido no AD Alcorcón. Ademais Fede Cartabia anunciou que volvía outra tempada máis ao Shabab Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos. O 22 de setembro Vicente Gómez desvinculouse do club e ao día seguinte foi anunciado como novo xogador do Kerala Blasters FC, da Superliga da India.
O 24 de setembro Michele Somma despediuse do Deportivo nas redes sociais, sendo anunciado uns días despois como novo xogador do Palermo. O 25 de setembro fíxose oficial a contratación do internacional venezolano Miku, procedente do AC Omonia Nicosia, que xa levaba varios días adestrando en Abegondo. O día 26 o equipo disputou o primeiro amigábel da tempada fronte ao Racing Vilalbés na Magdalena, gañando por 0-3. O 28 do mesmo mes anunciouse a contratación por catro tempadas do nixeriano Uche Agbo, dianteiro do Standard de Liège que xogara cedido no Deportivo a segunda parte da tempada anterior. Ao día seguinte anunciouse a renovación de Eneko Bóveda por dúas tempadas máis. Ademais anunciouse que o club sumaba xa 16.575 socios, converténdose no equipo con máis abonados da historia da Segunda División B, superando os 16.326 do Oviedo na tempada 2014/15.
Outubro O 5 de outubro o club anunciou as renovacións de Borja Galán e Álex Bergantiños ata xuño de 2022 e de Keko Gontán ata xuño de 2024. Ademais informouse da fichaxe do central Derik Osede, procedente do Numancia, e da continuidade no club do uruguaio Diego Rolan, tras non concretarse a súa saída ao peche do mercado. O 18 de outubro o Deportivo volveu xogar un partido de Segunda B case 40 anos despois, vencendo ao Salamanca en Riazor por 2-1.
Xaneiro O 11 de xaneiro o club anunciou a destitución de Fernando Vázquez e todo o corpo técnico. O seu despedimento chegou trala xornada 9, despois de que o equipo sufrise as súas dúas primeiras derrotas na liga, contra Celta B e Zamora. Ao día seguinte anunciouse a contratación de Rubén de la Barrera. A súa chegada supuxo que o Deportivo volvese ter un técnico coruñés, cousa que non ocorría dende había máis de dúas décadas con José Manuel Corral. Converteuse ademais, con 35 anos, no técnico máis novo en dirixir o equipo nos últimos 44 anos, dende que José López collera provisionalmente as rendas na tempada 1976/77, tras as enfermidades de Héctor Rial e Cheché Martín.
O 27 de xaneiro anunciouse a fichaxe do brasileiro Raí, procedente do Real Zaragoza. Chegou libre e asinou un contrato ata o final da tempada.
Febreiro O primeiro día de febreiro, derradeiro día do mercado invernal, anunciouse a saída de Diego Rolan cedido ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia. O motivo da súa cesión foi o seu alto salario, "inasumible para un equipo de Segunda B". O mesmo día anunciouse a marcha de Rui Costa ao Santa Clara dos Azores e a tramitación de fichas do primeiro equipo para Rayco e Villares, ata entón xogadores do Fabril.
Tras perder o 7 de febreiro por 0-2 fronte ao Coruxo no Vao, o Deportivo pasou a ocupar a quinta praza do subgrupo. Ao día seguinte o presidente Fernando Vidal e todo o consello de administración presentaron a súa dimisión por orde de Abanca, quedando como novo presidente Antonio Couceiro.
A finais de febreiro o equipo caeu na clasificación ata o punto máis baixo da súa historia ata aquel entón, ocupando a sexta praza do subrupo A e a décima tendo en conta o Grupo I completo.
Marzo O 25 de marzo anunciouse a Miguel Juane como novo secretario do club.
Material deportivo O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal Corpo técnico Cargo Nome AdestradorFernando Vázquez (ata xaneiro)Rubén de la Barrera (dende xaneiro)2º adestradorDavid Sánchez (ata xaneiro)Secho (dende xaneiro) Ad. de porteiros Alberto CasalPreparador físico José Ángel FranganilloManuel Pombo (ata xaneiro)Julio Hernando (dende xaneiro)AnalistaJuan Ignacio Subirán
Consello de administración Cargo Nome PresidenteFernando Vidal Raposo (ata o 8 de febreiro)Antonio Couceiro Méndez (dende o 8 de febreiro) SecretarioJuan Antonio Armenteros Cuetos (ata o 8 de febreiro)David Villasuso Castaño (do 17 de febreiro ao 25 de marzo)Miguel Juane (dende o 25 de marzo)ConselleirosManuel José Vázquez Martínez (ata o 8 de febreiro)José Luis Queijeiro Fuentes (ata o 8 de febreiro)Federico García Poncet (ata o 8 de febreiro)Argimiro Vázquez Guillén (ata o 8 de febreiro)Ricardo González Fernández (ata o 8 de febreiro)Eduardo Blanco Pereira (dende o 8 de febreiro)Carlos Cantó (dende o 8 de febreiro)Emma Lustres (dende o 8 de febreiro)David Villasuso Castaño (dende o 8 de febreiro) Última actualización: 9 de febreiro de 2021 Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes
Altas DataPos.NomeProcedenciaPrezo1 de setembro de 2020MED Borja Galán Racing de SantanderFin da cesión1 de setembro de 2020DIA Diego Rolan FC JuárezFin da cesión1 de setembro de 2020DEF Jorge Valín FabrilSubido do filial1 de setembro de 2020MED Yago Gandoy FabrilSubido do filial3 de setembro de 2020DEF Borja Granero Extremadura UDLibre3 de setembro de 2020POR Carlos Abad TenerifeLibre6 de setembro de 2020MED Celso Borges Göztepe SKLibre8 de setembro de 2020POR Lucho García SevillaLibre11 de setembro de 2020MED José Lara SevillaCedido12 de setembro de 2020DEF Héctor Hernández NumanciaLibre18 de setembro de 2020MED Nacho González Plaza Colonia0 €18 de setembro de 2020DIA Rui Costa Porto0 €25 de setembro de 2020DIA Miku Omonia NicosiaLibre28 de setembro de 2020MED Uche Agbo Standard de Liège5 de outubro de 2020DEF Derik Osede NumanciaLibre27 de xaneiro de 2021DIA Raí ZaragozaLibre1 de febreiro de 2021MED Villares FabrilSubido do filial1 de febreiro de 2021DIA Rayco FabrilSubido do filial
Baixas DataPos.NomeDestinoPrezo7 de agosto de 2020DIA Víctor Mollejo Atlético de MadridFin da cesión7 de agosto de 2020MED Peru Nolaskoain Athletic ClubFin da cesión7 de agosto de 2020POR Aleksandar Jovanović HuescaFin da cesión7 de agosto de 2020DEF Abdoulaye Ba Rayo VallecanoFin da cesión7 de agosto de 2020DEF Javi Montero Atlético de MadridFin da cesión7 de agosto de 2020DIA Hugo Vallejo Real MadridFin da cesión7 de agosto de 2020MED Emre Çolak Fatih Karagümrük SKFin de contrato14 de agosto de 2020DEF Vassilis Lampropoulos VfL BochumRescisión de contrato17 de agosto de 2020DIA Sabin Merino CD LeganésFin da cesión28 de agosto de 2020POR Dani Giménez UD LogroñésRescisión de contrato1 de setembro de 2020DIA Borja Valle Dinamo de BucarestFin de contrato2 de setembro de 2020DEF David Simón FC CartagenaFin de contrato3 de setembro de 2020DIA Christian Santos VfL OsnabrückFin de contrato4 de setembro de 2020MED Gaku Shibasaki CD Leganés0 €4 de setembro de 2020MED David Sánchez Hércules7 de setembro de 2020MED Ager Aketxe UD AlmeríaFin de contrato7 de setembro de 2020DEF Luis Ruiz CD LugoFin de contrato14 de setembro de 2020DEF Gerard Valentín CD LugoRescisión de contrato18 de setembro de 2020MED Fede Cartabia Shabab Al-AhliCedido23 de setembro de 2020MED Vicente Gómez Kerala Blasters FCRescisión de contrato23 de setembro de 2020DEF Michele Somma PalermoRescisión de contrato1 de febreiro de 2021DIA Diego Rolan Pyramids FCCedido1 de febreiro de 2021DIA Rui Costa Santa ClaraRescisión de contrato
Xogadores NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1PORCarlos Abad140001402MEDJorge Valín1301014023DEFMujaid Sadick22020240514MEDÁlex Bergantiños2002022045DEFEneko Bóveda1712019126MEDUche Agbo1701018057DIAMiku1671017718MEDCelso Borges2022022249DIARayco11000110210MEDJosé Lara222202412111MEDBorja Galán18210192312DIAClaudio Beauvue15120171213PORLucho García1001011014MEDYago Gandoy11010120115DIARaí1300013016MEDNacho González11010120517DEFHéctor Hernández12120141218DEFDerik Osede80109019DEFBorja Granero231102414120MEDKeko Gontán16210172221DEFSalva Ruiz16010170422MEDDiego Villares120001202Xogadores do filialNºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px23DIAAdri Castro710071129DIAManu Mosquera101020132MEDÁlex Barba10102033DEFIván Guerrero100010
Deixaron o equipo NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px22DIADiego Rolan4010529DIARui Costa702090
Clasificación
Primeira fase - Grupo I Subgrupo A Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts 1 Celta de Vigo B18 9 3 6 22 20 +2 30 2Unionistas de Salamanca CF18 8 6 41710 +730 3 Zamora CF18 8 6 4 18 17 +1 30 4Deportivo da Coruña188 5 514 10+4 29 5 Racing de Ferrol18 7 6 5 22 17 +527 6SD Compostela18 5 10 3 20 16 +4 25 7 Pontevedra CF18 5 6 7 1919 021 8 Coruxo FC18 6 2 10 16 23-7 20 9 Salamanca CF18 5 4 9 17 23-6 19 10CD Guijuelo18 2 6 10 1222 -10 12
Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles Clasificado para a Segunda Fase para Segunda División.Clasificado para a Segunda Fase para Primeira División RFEF.Clasificado para a Segunda Fase pola permanencia en Segunda División RFEF.