John Michael "Mike" Lounge, nado en Denver, Colorado o 28 de xuño de 1946 e finado o 1 de marzo de 2011, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-I, STS-26 e STS-35.

Traxectoria Lounge graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1969 e era máster en astroxeofísica pola Universidade de Colorado en 1970.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1980, participando nas misións STS-51I, STS-26 e STS-35. Pasou un total de 20,10 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-I STS-26 STS-35

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Colorado