Os montes Saian (en Saianii; en , Soyonï nurû; en túrquico antigo 𐰚𐰇𐰏𐰢𐰤, Kögmen durante o período dos GöktürksBartold, V. V. (1935) 12 Vorlesungen uber die Geschichte der Turken Mittelasiens Deutsche Gesellschaft für Islamkunde, Berlin, p. 46, OCLC 3673071) é unha cordilleira no sur de Siberia, Rusia (concretamente na república dos Tuva) e o norte de Mongolia. No pasado, serviu como fronteira entre Mongolia e Rusia.
Os altos cumios e lagos fríos dos Saian dan altura aos ríos que chegan a un dos principais ríos de Siberia, o Ienisei, que flúe cara ao norte durante 3400 km ata o océano Ártico. É unha área protexida e illada, que se mantivo pechada pola Unión Soviética dende 1944.
Características esquerda|miniatura|A «Pedra colgante», nos Saian occidentais, montes Ergaki Orograficamente son o bordo norte da meseta situada ao noroeste de Mongolia, que a separa de Siberia. Coñécese pouco sobre a súa xeoloxía.
Mentres que a elevación xeral da área está entre os 2100 e os 2700 m de altura, algúns picos individuais, formados sobre todo por granito e lousas metamórficas, acadan máis de 3000 metros. Os principais pasos entre montañas están a alturas de 1800 e 2300 m sobre o nivel do mar, como Muztagh, a 2280 m; o paso mongol, a 1981 m; Tenghyz, a 2280 m e Obo-sarym a 1860 m.
Aos 92º E, o sistema está cortado polo río Bel-Kem, o alto Ienisei, e aos 106º, no seu extremo oriental, remata na depresión do Selenga-Orkhon. Dende o altiplano de Mongolia, o ascenso ás montañas é doado, mais dende as chairas de Siberia é máis escarpado, a pesar de que dende ese lado a cordilleira queda disfrazada por un cinto de serras subsidiarias de estilo alpino, como as Usinsk, Oia, Tunka, Kitoi e Bielaia.
Entre a abertura do Ienisei e o lago Kosso-gol, o sistema recibe o nome de Erghik-taiga.
A flora é en xeral pobre, aínda que nas rexións altas posúe importante bosques de lárices, piñeiros, xenebreiros e bidueiros, con rododendros e especies de Barberis e Ribes. As penas distribuídas na parte alta están cubertas de liques e musgos.
Ciencia O obstervatorio solar de Saian está situado nestes montes () a unha altitude de 2000 metros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tuva -Sayan Mountains Photo of Sayan Mountains
Categoría:Cordilleiras de Rusia Categoría:Accidentes xeográficos de Mongolia