miniatura|240px|Hydra vulgaris A dos hidroidolinos (Hydroidolina) é unha subclase de cnidarios da clase dos hidrozoos.Hydroidolina no ITIS.

Inclúe as hidras, as hidromedusas e varios organismos mariños afíns, algúns dos cales (os pertencentes á familia dos milepóridos) que crecen en grandes e elegantes colonias de pólipos formadores de arrecifes coralinos, xa que son corais hermatípicos.

Comprende o groso dos parafiléticos "Hydroida", que foron unha das principais agrupacións da clase dos hidrozoos en clasificacións máis antigas. Inclúe, con todo, as colonias altamente avanzadas dos sifonóforos, que non foron incluídas nos "Hydroida".

Nos hidroidolinos adoita predominar a fase de pólipo, e as colonias acostuman seren polimórficas e dioicas; todos os pólipos dunha colonia proveñen, por reprodución asexual (xemación), dun só pólipo proxenitor.

En moitos casos, as medusas non chegan a separarse da colonia, quedando reducidas a gonóforos ou esporosacos.

Taxonomía Descrición A subcalse foi descrita no ano 2000 polo zoólogo estadounidense Allen G. Collins,Hydroidolina Collins, 2000 no WoRMS. Consultado o 29 de agosto de 2020. no seu traballo "Towards understanding in the phylogenetic history of Hydrozoa: hypothesis testing with 18S gene sequence data", en C. E. Mills, F. Boero, A. Migotto & J. M. Gili, eds. "Trends in Hydrozoan Biology - IV". Sci. Mar. 64 Supl. 1: 5-22.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido (2020), a subclase coñeceuse tamén polos sinónimos: Hydroida Hydroidomedusae (non é un grupo monofilético) Leptolida (non é un grupo monofilético) Leptolinae

Ordes A sublcase subdivídese nas tres seguintes ordes: Anthoathecata Leptothecata Siphonophorae (= Siphonophora)

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bouillon, J.; Gravili, C.; Pagès, F.; Gili, J.-M. & Boero, F. (2006): An introduction to Hydrozoa. Mémoires du Muséum national d'Histoire naturelle, 194. Paris, France: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3580-1. Collins, A. G., Bentlage, B., Alberto Lindner, A., Lindsay, D., Haddock, S. H. D., Jarms, G., Norenburg, J. L., Jankowski, T. & Paulyn Cartwright, P. (2008): "Phylogenetics of Trachylina (Cnidaria: Hydrozoa) with new insights on the evolution of some problematical taxa". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 88 (8): 1673-1685. Collins, A. G., Schuchert, P., Marques, A. C., Jankowski, T., Medina, M. & Schierwater, B. (2006): "Medusozoan phylogeny and character evolution clarified by new large and small subynit rDNA and an assessment of teh utility of phylogenetic mixture models". Syst. Biol. 55 (1): 97-115. Haeckel, E. (1879): "Das System der Medusen. Erster Teil einer Monographie der Medusen". Denkschriften der Medicinisch-Naturwissenschaftlichen Gesellschaft zu Jena. Marques, A. C. & Collins, A. G. (2004): "Cladistic analysis of Medusozoa and cnidarian evolution". Invertebrate Biology 123: 23–42.

Ligazóns externas Hydroidolina en Dyntaxa. Hydroidolina no NCBI.

Categoría:Hidrozoos