Nur Amirah binti Filzah Badioezaman, nada en Ipoh o 2 de abril de 1993 é unha modelo, actriz e empresaria malaisiana, unha das artistas femininas máis populares do país Sudirman Mohd Tahir Artis wanita paling laris Harian Metro, 28 de decembro de 2019. .

Traxectoria Mira Filzah principiou como modelo con 17 anos"Biodata Mira Filzah" Iluminasi, 2 de novembro de 2018e comezou a actuar en 2013 protagonizando a serie de televisión Dunia Lola. Non obstante, deixou a súa carreira artística durante dous anos para centrarse nos seus estudos de negocios internacionais na Universidade Tecnolóxica MARA, onde se graduou en 2016 e volveu á interpretación en 2015 cun papel na serie Eksperimen Cinta e no telefilm Din Sardin (2015), esta última participación aumentou a súa popularidade, ao se facer viral unha imaxe súa vestida co uniforme oficial da policía de tráfico.

En 2016 protagonizou en TV3 a serie Cinta Si Wedding Planner xunto co actor singapuriano Ady Putra e que se converteu nun éxito ao que seguiu un telefilme especial, Cinta Si Wedding Planner Raya. En 2018 rodou a súa primeira película para o cinema, Rise: Ini Kalilah que protagonizou xunto a Remy Ishak e Sangeeta Krishnasamy e que se estreou o 13 de setembroMumtaj Begum. ‘Rise: Ini Kalilah’ captures the spirit of New Malaysia Star2, 14 de setembro de 2018.. Ao ano seguinte apareceu no seu segundo filme, Sangkar de Kabir Bhatia e Zul Ariffin e Remy Ishak, que se estreou o 29 de agosto de 2019 e que constitúe o primeiro filme malaisiano de artes marciais mixtas. Mira volveu emparellarse con Remy Ishak nas series Lelaki Kiriman Tuhan e Pujaan Hati Kanda de Slot Akasia TV3.

En agosto de 2019, Mira interpretou o papel de Puteri na serie Sweet DreamsFarhana Ab. Rahman. Mira Filzah belajar kawal emosi Berita Harian, 23 de agosto de 2019que protagonizou xunto con Ben Amir e que tamén contou no elenco a Sean LJE, Datin Nina Juren, PU Azman, Yuna Rahim, Nasz Sally, Yusuf Bahrin, Didi Astillah e Roy Azman.

Como empresaria lanzou oito tipos de lapis de labios baixo licenza de Mora Cosmetics usando a marca Mora Essential.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Actores de Malaisia Categoría:Nados en Perak