Agoney Hernández Morales, máis coñecido como Agoney, nado en Adeje (Tenerife) o 18 de outubro de 1995, é un cantante español. Deuse a coñecer grazas ao concurso de televisión Operación Triunfo 2017 de Televisión Española, onde quedou na sexta posición.

Traxectoria Agoney comezou a tocar a trompeta aos 6 anos e comezou a cantar aos 14. Estudou bacharelato en artes escénicas e, antes de unirse a Operación Triunfo, foi cantante nun hotel de Tenerife. Foi sexto en Operación Triunfo e foi o último expulsado da edición, pero puido optar por representar a España no Festival de Eurovisión, grazas á canción "Magia", que cantou a dúo con Miriam Rodríguez Gallego. Ao final, non foi elixido para representar a España. A pesar diso, tivo moito éxito no seu país.Agoney desplaza a Anuel AA del número 1 en España con su debut discográfico La Vanguardia.

Despois de deixar o programa, Agoney converteuse nunha icona da comunidade LGBT, de feito foi un dos pregoeiros do Festival do Orgullo LGBT en Madrid 2018.Los Javis, Agoney y Marina (OT) y el waterpolista Víctor Gutiérrez serán los pregoneros del Orgullo 2018 El Periódico. Entre outubro e decembro de 2018, fixo a súa primeira xira en solitario. A xira comezou o 11 de outubro de 2018 na súa cidade natal, Adeje, e visitou as principais cidades españolas como Madrid, Valencia, Barcelona ou Zaragoza.

En novembro de 2019, Agoney fixo a súa primeira xira musical fóra de España, visitando Arxentina. En agosto de 2020 publicouse o disco debut Libertad, que se situou como o álbum máis escoitado en España.

O 26 de outubro de 2022 deuse a coñecer a súa participación no Benidorm Fest 2023, acto celebrado para seleccionar a candidatura representativa de España no Festival de Eurovisión dese ano. O 19 de decembro, Agoney publicou nas súas redes sociais a canción "Quiero arder", a súa candidatura ao Benidorm Fest 2023, comezando como o gran favorito do público. Finalmente Agoney foi segundo na clasificación cun total de 145 puntos.

Discografía Discos Libertad (2020) Libertad Tour (2022) Dicotomía (2024)

Sinxelos «Quizás» (2018) «Black» (2019) «Libertad» (preludio, 2020) «Más» (2020) «Edén» (2020) «Soy Fuego» (2021) «¿Quién Pide Al Cielo Por Ti?» (2021) «Bangover» (2022) «Cachito» (2022) «Quiero arder» (2022) «Intacto» (2023) «Tormenta» (2024) «Éxtasis» (2024)

Colaboracións «El mundo entero» (2018; con Aitana, Ana Guerra, Raoul Vázquez e Maikel Delacalle) «Strangers» (2020; con Brian Cross) «Sin miedo 2020» (2020; con Rosana, Álex Ubago, Efecto Pasillo, Mónica Naranjo, Rosario Flores, Soledad Pastorutti etc) «Piensa en positivo» (2020; con Ana Mena, Vega, Rafa Sánchez etc)

Notas

Categoría:Nados en Tenerife Categoría:Nados en 1995 Categoría:Cantantes de España