Mars 96 ou Mars 8S foi unha sonda espacial de Rusia lanzada o 16 de novembro de 1996 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur para estudar Marte.

Características Mars 96 foi unha misión rusa consistente nun orbitador, dúas pequenas estacións autónomas e dous penetradores de superficie para estudar a evolución e a historia xeolóxica, química e atmosférica de Marte. O orbitar estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha masa dunhas tres toneladas. A nave debera chegar a Marte o 12 de setembro de 1997 pero debido a un fallo do foguete lanzador non chegou a abandonar a órbita terrestre e terminou estrelándose o 17 de novembro de 1997 nunha área de 320 x 80 km, unha zona que incluía o océano Pacífico, Chile e Bolivia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Proton K/D-2

Categoría:Programa Mars