Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. LIC Carnota-Monte Pindo

Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.

Hábitats miniatura|esquerda|Praia de Carnota, coa as dunas na parte interior da praia e o río cruzando a marisma-lagoon que hai entre a praia e a boca do río.

O ambiente mariño do parque é de augas oligotróficas e mesotróficas. No litoral ten furnas mariñas e áreas de area sempre cubertas polo mar. Ademais na costa hai calas e baías pouco fondas e arrecifes. Na primeira fronte do litoral hai chairas de lama ou areosas, na marisma, e lagoas costeiras, no seu interior.

Os ríos, como o Miñóns, o Xallas ou Valdebois, van dos pisos de basal á costa. Nos cantís aparecen vexetación típica da costa atlántica e báltica, con argazos e vexetación perenne de coídos. Nas zonas pioneiras da vexetación, como as áreas de lama ou area, aparecen especies pioneiras como Salicornia. Os pasteiros do litoral teñen Spartina ou outras especies halófilas atlánticas. As matogueiras, máis do interior do litoral, son de especies mediterráneas e termoatlánticas. No caso dos bosques, hainos con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior nas beiras das augas e de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.

O espazo natural con dunas tanto móbiles que están comezando a súa formación como outras litorais, dunas brancas, nas que está Ammophila arenaria. Hai outras dinas xa fixas, non móbiles, onde medra a vexetación e semellan dunas grises, e outras xa fixas e descalcificadas ou vexetación esclerófita. Entre as dunas hai áreas de depresión, ou caídas, nas que se forman zonas húmidas.

As turbeiras nos altos do parque seguen activas. Nalgúns substratos de turbas formados por Rhynchosporion fórmanse ocos ou depresións. Sobre das rochas de silíceos aparece vexetación pioneira na sucesión ecolóxica.

Os queirogais que hai son propios de rexións húmidas e fórmano as especies Erica ciliaris e Erica tetralix, e outros queirogais de zonas secas europeas. Laurus nobilis nalgunhas zonas forma matogueiras. Hai estepas de gramíneas, en áreas máis secas, e prados húmidos onde medran especies de Molinia e prados de sega nas chairas máis baixas do espazo natural.

Flora e Fauna As especies da flora e fauna en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque sonListado de especies Especies da lexislación DC92/43/CEE e da DC2009/147/CE.:

Flora Especie Arnica montana Iris boissieri Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Ruscus aculeatus

Fauna Invertebrados Especie Cerambyx cerdo Coenagrion mercuriale Elona quimperiana Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus

Peixes Especie Alosa alosa Alosa fallax Chondrostoma duriense

Anfibios Especie Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Rana iberica Rana perezi Triturus marmoratus Réptiles Especie Chalcides bedriagai Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta schreiberi

Aves Especie Alauda arvensis Alcedo atthis Alectoris rufa Anas clypeata Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anser anser Burhinus oedicnemus Calidris canutus Caprimulgus europaeus Charadrius alexandrinus Chlidonias niger Circaetus gallicus Circus aeruginosus Circus cyaneus Circus pygargus Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Egretta alba Egretta garzetta Falco peregrinus Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Gavia arctica Gavia immer Gavia stellata Haematopus ostralegus Lanius collurio Larus argentatus Larus cachinnans Larus fuscus Larus minutus Larus ridibundus Limosa lapponica Larus marinus Limosa limosa Lullula arborea Melanitta fusca Melanitta nigra Mergus serrator Milvus migrans Numenius arquata Numenius phaeopus Pica pica Platalea leucorodia Plegadis falcinellus Pluvialis apricaria Porzana porzana Pyrrhocorax pyrrhocorax Rallus aquaticus Somateria mollissima Sterna albifrons Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Sylvia undata Tetrax tetrax Tringa erythropus Tringa glareola Tringa nebularia Tringa totanus Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Uria aalge Vanellus vanellus

Mamíferos Especie Canis lupus Genetta genetta Lutra lutra Mustela putorius Pipistrellus pipistrellus Plecotus auritus Plecotus austriacus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Stenella coeruleoalba

Notas

Carnota - Monte Pindo Categoría:Xeografía da provincia da Coruña