Astro-Creep: 2000 – Songs of Love, Destruction and Other Synthetic Delusions of the Electric Head (ou sinxelamente Astro-Creep: 2000) é o cuarto e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de heavy metal White Zombie, publicado o 1 de abril de 1995 a través do selo Geffen Records. Este disco foi o seu traballo máis exitoso comercialmente, chegando ao número 6 da lista Billboard 200 coa axuda dos seus populares sinxelos "More Human than Human" e "Super-Charger Heaven". Trátase do único álbum do grupo en contar con John Tempesta na batería.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de White Zombie Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums producidos por Terry Date Categoría:Álbums de Geffen Records