Tyler Christopher Herro, nado o 20 de xaneiro de 2000 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Herro foi seleccionado polos Miami Heat na 13ª posición do Draft da NBA de 2019. O 10 de xullo de 2019, Herro asinou cos Heat. O 23 de outubro de 2019, fixo o seu debut na NBA, saíndo de titular na vitoria de Miami por 120–101 contra os Memphis Grizzlies, e facendo 14 puntos, 8 rebotes e 2 roubos de balón. O 15 de setembro de 2020, Herro foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada 2019-20 da NBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat