Christie Osmund Flavian Bopearachchi, nado en Negambo, Sri Lanka, o 4 de decembro de 1949, é un numismático e historiador franco-srilankés especializado nas moedas dos reinos indogrego e grecobactriano."Osmund Bopearachchi: Curriculum Vitae". Academia.eduSitio web oficial. Osmund-Boperachchi.com
Traxectoria Orixinario de Sri Lanka, Bopearachchi licenciouse en Artes na Universidade de Kelaniya, no seu país natal, en 1978, e continuou a súa formación universitaria en Francia. Na Sorbona cursou estudos superiores de Lingua e Civilización Francesas, e de Historia da Arte e Arqueoloxía, nos que se graduou, respectivamente, en 1981 e 1982, e finalmente acadou o doutoramento en Historia da Arte e Arqueoloxía en 1987, cunha tese titulada Etude historique et numismatique du royaume indo-grec d'après la collection du Cabinet des Médailles de Paris. O ano seguinte accedeu á acreditación como profesor universitario e como director de investigacións nesa mesma universidade."Educational Qualifications". Osmund-Bopearachchi.com
En 1983, ingresou nun grupo de investigación do Centre national de la recherche scientifique (CNRS) na Escola Normal Superior de París."Research & academic activities". www.Osmund-Bopearachchi.com En 1989 pasou a coordinar investigacións e en 1999 foi nomeado director de investigacións do CNRS, institución da que actualmente é director emérito.
En 1991, Bopearachchi publicou un traballo detallado acerca das moedas indogregas e grecobactrianas, titulado Monnaies gréco-bactriennes et indo-grecques, catalogue raisonné, que basea as súas conclusións nunha análise pormenorizada das moedas e que axiña se converteu en obra de referencia no seu ámbito, merecedora de premios internacionais como o Gustave Mendel ou o Bhagawanlal Indrajii.Recensión do libro por C. Grandjean. En Revue numismatique. Nº 36. 1994. Société française de numismatique. Páxinas 338-339.
Bopearachchi é profesor adxunto de Arte, Arqueoloxía e Numismática da Asia Central e do Sur, na Universidade de California en Berkeley, e profesor visitante emérito de doutoramento da Sorbona."Professional status". Osmund-Bopearachchi.com
Entre outras, é membro das seguintes sociedades numismáticas: American Numismatic Society (Nova York), Sociedade Numismática Polaca –Polskie Towarzystwo Numizmatyczne– (Varsovia), Hellenic Numismatic Society (Atenas), Société française de numismatique (París) e Oriental Numismatic Society (Londres). Ademais, é membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París, desde 1997."Liste des membres". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
Recoñecementos Entre outros de diversa índole, Osmund Bopearachchi foi recoñecido cos seguintes galardóns:"Awards". Osmund-Bopearachchi.com
(1992): Premio Gustave Mendel (Académie des inscriptions et belles-lettres, París). (1992): Medalla de prata Bhagawanlal Indrajii (Indian Coin Society). (1996): Medalla de prata (Hellenic Numismatic Society, Atenas). (1997): Premio Allier de Hauteroche (Académie des inscriptions et belles-lettres, París). (2002): Premio Drouin (Académie des inscriptions et belles-lettres, París)."Palmarès 2002". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. (2006): Ordre des Palmes Académiques (Goberno de Francia). (2015): Medalla George Perrot (Académie des inscriptions et belles-lettres, París)."Palmarès 2015". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
Escolma de publicacións Estas son as monografías máis salientables da traxectoria académica de Osmund Bopearachchi:"Publications". Osmund-Bopearachchi.com"Bopearachchi, Osmund". WorldCat.
(1991): Monnaies gréco-bactriennes et indo-grecques, Catalogue raisonné. Bibliothèque Nationale de France. París. ISBN 2-7177-1825-7 (1993): Catalogue of Indo-Greek, Indo-Scythian and Indo-Parthian Coins of the Smithsonian Institution. Smithsonian Institution. Washington. ISBN (1995): Pre-Kushana Coins in Pakistan (con A. ur Rahman). IRM Associates. Karachi. (1998): Ancient Indian Coins (con W. Pieper). Brépols. Turnhout. ISBN 978-2503507309 (1998): Graeco-Bactrian and Indo-Greek Coins. The Collection of the American Numismatic Society, Part 9. Sylloge Nummorum Graecorum. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0897222730 (1998): Origin, Evolution and Circulation of Foreign Coins in the Indian Ocean (con D. P. M. Weerakkody). Manohar Pub. Nova Deli. ISBN 978-8173042157 (1999): Ruhuna, An Ancient Civilisation Re-visited. Numismatic and Archaeological Evidence on Inland and Maritime Trade. R. M. Wickremesinhhe. Colombo. ISBN 978-9559681601 (2003): An Indo-Greek and Indo-Scythian Coin Hoard from Bara (Pakistan). Amir Nawaz Khan. ISBN 9780615121758 (2005): Le Portrait d’Alexandre. Histoire d’une découverte pour l’humanité (con Philippe Flandrin). Édition du Rocher. Mónaco. ISBN 978-2268054766 (2006): The Pleasure Gardens of Sigiriya. A New Approach. Godage. Colombo. ISBN 955-20-9641-3 (2015): From Bactrica to Taprobane Selected Works of Osmund Bopearachchi. Vol 1: Central Asian and Indian Numismatics. Manohar Pub. Nova Deli. ISBN 978-9350980699 (2015): From Bactrica to Taprobane Selected Works of Osmund Bopearachchi. Vol 2: Art History and Maritime Trade. Manohar Pub. Nova Deli. ISBN 978-9350980705 (2016): Seven Weeks after the Buddha’s Engligtenment: Contradictions in Text, Confusions in Art. Manohar Pub. Nova Deli. ISBN 978-9350981375 (2019): Le Royaume Du Lion, Ceylan connu des Chinois des origines a la fin des Song (con François Thierry). Brepols. ISBN 978-2503568027
Notas
Categoría:Nados en Sri Lanka Categoría:Nados en 1949 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Numismáticos de Sri Lanka Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Alumnos da Universidade de Kelaniya Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Historiadores de Sri Lanka Categoría:Personalidades sen imaxes