Māra Zālīte, nada Krasnoiarsk o 18 de febreiro de 1952, é unha escritora letoa.
Traxectoria Naceu no krai de Krasnoyarsk en Rusia no seo familia de deportados de letóns en Siberia. En 1956, a familia puido volver a Letonia e Māra Zālīte pasou a infancia na casa do avó en Slampe. Estudou primeiro na escola primaria local e logo na escola deportiva Murjāņi (1967-1970). Entre 1970 e 1975 estudou filoloxía na Universidade de Letonia. Traballou na oficina da Unión de Escritores de Letonia, foi directora da sección de escritores novos, asesora de poesía da revista Liesma (1974-1989), editora principal da editorial Karogs e da revista Karogs (1989-2000). En 2000 converteuse no presidenta da Asociación de Autores de Letonia e mantivo o posto ata 2008. Presidiu a Comisión da Lingua Nacional entre 2002 e 2004.
Obra En 1972 publicou a súa primeira obra relevante, foi o poema “Balādīte” na revista literaria Karogs. Ao longo da década de 1970 a súa obra trataba principalmente do significado e dos problemas da vida e do desenvolvemento da personalidade durante a mocidade. Na década de 1980 centrouse máis en motivos filosóficos e emocionais en combinación coa historia e a época actual e mais tamén de problemas políticos e sociais, con frecuencia asociados coa cultura e a mitoloxía letoa. En especial, a colección poética Debesis, debesis de 1988 salienta por esa visión do destino tráxico da nación letoa e a súa vontade de liberdade. (1988).
Ao primeiro, o seu treatro desenvolveuse como unha continuación da súa poesía, nas súas pezas combinaba forte caracteres individuais con temas da historia, dos mitos e da identidade nacional. A súa peza máis popular foi un libreto para a ópera rock míticos-simbólica Lāčplēsis (1987) que se converteu nun símbolo do terceiro espertar letón
A súa infancia influenciou fortemente toda a súa obra e particularmente está presenta na súa prosa, na novela autobiográfica Pieci pirksti(2013) e en “Paradīzes putni”(2018) que narra a ocupación e a infancia no réxime da Unión Soviética.
Obras Poesía
Vakar zaļajā zālē. Riga, Liesma, 1977 Rīt varbūt. Riga, Liesma, 1979 Nav vārdam vietas. Riga, Liesma, 1985 Debesis, debesis. Riga, Liesma, 1988 Apkārtne. Riga, Preses nams, 1997 Dzeja Rīga, Atēna, 2003 Dziesmu rakstā. Riga, Mansards, 2015 Novela
Pieci pirksti. Rīga, Mansards, 2013. Paradīzes putni. Rīga, Dienas grāmata, 2018. Teatro
Pilna Māras istabiņa. Riga, 1983 Tiesa. Riga, 1985 Dzīvais ūdens. Riga, 1988 Eža kažociņš, 1993 Margarēta, 2001 Tobāgo!. Riga, 2001 Zemes nodoklis. Riga, 2003 Še Tev žūpu Bērtulis. Ogre, 2004 Pērs Gints nav mājās. Riga, 2007 Lācis. Riga, 2009 Priekules Ikars. Riga, 2009 Libros infantís
Deviņpuiku spēks. Riga, Liesma, 1985 Mamma un tētis kūrortā. Riga, Dienas Grāmata, 2016 Tango un Tūtiņa ciemos. Riga, Liels un mazs, 2017
Notas
Categoría:Escritores en lingua letoa Categoría:Poetas de Letonia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados no krai de Krasnoiarsk Categoría:Dramaturgos de Letonia Categoría:Editores Categoría:Libretistas Categoría:Escritores de literatura infantil