Jan Solans Baldó, nado en Matadepera, provincia de Barcelona, o 25 de decembro de 1997, é un piloto español de rallys que compite no Campionato do Mundo de Rally 3.
En 2019 foi campión do mundo júnior, no ano do seu debut en dita competición, despois de acadar unha vitoria e dous podios xunto ao seu copiloto habitual, o galego Mauro Barreiro. Anteriormente fora campión de España do grupo N en 2016, campión de dúas rodas motrices e do grupo R2 no Campionato de España de Terra en 2018 e gañador do Iberian Rally Trophy en 2016.
De xeito esporádico tamén participou nalgunha proba como copiloto e ten un irmán máis vello, Nil Solans, tamén piloto de rallys.
Traxectoria Seu pai, Pere Solans, tamén foi piloto, así como o seu irmán Nil, cinco anos maior que el, que debutou en Cataluña aos 20 anos, o que motivou a Jan a seguilo, converténdose pronto en afeccionado aos rallys, aos que acudía cunha cámara de vídeo no ombreiro. Deste xeito interesouse polo mundo do automóbil e aínda que xa probara no mundo do karting de pequeno de maneira puntual, non foi ata os 15 ou 16 anos cando o seu irmán probou un carcross, o que motivou a Jan a probalo tamén, a pesar da negativa inicial de seu pai. Acabou proclamándose campión de España de Car Cross Júnior no 2014.
En 2015 debutou como copiloto do galego Mauro Barreiro, a bordo dun Citroën Saxo VTS no Rally Concello de Curtis. Participou ese ano en dúas probas máis, o Rally 2000 Viraxes e o Rally Empordà e fixo o seu debut finalmente como piloto en febreiro de 2016, no Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra. Correu cun Peugeot 208 R2 e con Barreiro como copiloto, finalizando na vixésimo primeira posición. Participou no nacional de asfalto en sete probas co apoio de Mitsubishi aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X. O seu mellor resultado foi un duodécimo posto no Rally Villa de Llanes. Ao ano seguinte alternou probas locais de Cataluña cun Peugeot 208 R2 con participacións de novo no nacional onde logrou unha vitoria na Beca Júnior R2, programa organizado pola Federación Española para pilotos novos, rematando en terceiro lugar na clasificación final. Debutou no Campionato do Mundo en outubro no Rally Cataluña cun Ford Festa R2T co que terminou na posición 41º. En 2018 continuou a súa participación co Peugeot 208 R2 e acudiu ao Rally de Portugal onde abandonou tras unha avaría mecánica. Logrou vencer na Beca Júnior R2 con seis vitorias mentres que no campionato nacional de terra proclamouse vencedor nas categorías R2 e dúas rodas motrices e subcampión na categoría júnior. miniatura|Solans durante o Rally Terra da Auga de 2019.
Campión do mundo júnior En 2019 e xunto a Mauro Barreiro, deu o salto ao Campionato do Mundo Júnior cun Ford Fiesta R2T do Rallye Team España e recibiu unha bolsa da Federación Española ao gañar a Beca Junior R2 o ano anterior. Na primeira carreira conseguiu o seu primeiro podio ao rematar terceiro no Rally de Suecia e máis tarde en Córsega conseguiu ser cuarto. Acudiu a continuación ao Rally Terra da Auga a modo de test para preparar a súa participación no Rally de Sardeña, rematando décimo quinto. En Sardeña comezou liderando, pero no terceiro treito caeu ao sétimo lugar, conseguindo logo remontar despois de marcar doce scratchs, e lograr a vitoria, o que ademais lle serviu para colocarse líder do campionato e loitar polo título no seu primeiro ano de participación. En Finlandia na súa primeira participación logrou a segunda posición por detrás do sueco Tom Kristensson, o seu principal rival na loita polo título, que se colocou cun punto de vantaxe sobre o catalán. Na última cita, Gran Bretaña, logrou a vitoria na categoría e con ela o título de campión do mundo, converténdose así no cuarto español en gañar este trofeo, dous anos despois de que o gañase o seu irmán Nil Solans.
Campionato do Mundo de Rally 3 En 2020 anunciouse que correría varias probas do Campionato do Mundo de Rally 3.
Resultados
WRC Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos. puntos 2017 Escudería Motor Terrassa Ford Fiesta R2TMONSWEMEXFRAARGPORITAPOLFINGERESP41GBRAUS - 0 2018 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 MON SWE MEX FRA ARG PORRet ITA FIN GER TUR GBR ESP26 AUS - 0 2019 Rallye Team España Ford Fiesta R2T MON SWE32 MEX FRA27 ARG CHI POR ITA21 FIN18 GER TUR GBR21 - 0 Nil Solans Ford Fiesta R5 MK2ESP22AUSC2020Ford Fiesta R5 MK2MONSWEMEXEST26TUR14ITABEL-0
WRC3 AnoEquipoCoche1234567Pos.puntos2020Ford Fiesta R5 MK2MONSWEMEXEST12TUR6ITABEL23º8
JWRC Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 Puntos 2019 Rallye Team España Ford Fiesta R2T SWE3 FRA4 ITA1 FIN2 GBR1 1º 151
Campionato de España de Rallys AnoEquipoAutomóbil1234567891011Puntos2016Mitsubishi RepsolMitsubishi Lancer Evo XCNRADESMO15FERRetCANRetOURPDA17LLA12MED14MADRet26º282017Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2SMOECIADEOURFERPDALLA10CANMEDRetMAD47º132018Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2COCSMOECI11ADEOUR7FERPDA9LLACANMEDMAD17º45
Campionato de España de Rallys de Terra Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 puntos 2016 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 LOR20 NAV GAL BIE CER EXT CTG POZRet 59º 1 2017 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 LOR NAV GAL12 CER14 EXT7 POZ CTG 18º 35 2018 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2LOR11POZ5VOLTDACERNAV7GRA8MAD12 10º 81 2019 Arteixo Motorsport Ford Fiesta R2TLORPOZNAVTDA15ASTVOLGRA 48º 7
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial .
Categoría:Deportistas de Cataluña Categoría:Pilotos de rally de España Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na provincia de Barcelona Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally