Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Historia No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A CidáHistoria, na web do concello de Vilar de Santos.. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979. (2004):, Arracada de Vilar de Santos , peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense. A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha vila romana.
Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.
En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da LimiaMuseo da Limia, web oficial., na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A BolaReserva da Biosfera “Área de Allariz”, na web do concello de Vilar de Santos..
O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.
Política Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón. Xa non.
Poboación Censo total 850 (2017) Menores de 15 anos 64 (7.53 %) Entre 15 e 64 anos 459 (54 %) Maiores de 65 anos 327 (38.47 %)
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Vilar de Santos Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do concello
Categoría:Vilar de Santos