Mahzarin Rustum Banaji, nada en Secunderabad (India), en 1956, é unha psicóloga social da Universidade de Harvard coñecida polos seus estudos sobre prexuízos de xénero e raciais.

Traxectoria Mahzarim Banaji realizou os seus estudos de grao no Nizam College e obtivo o máster en psicoloxía pola Universidade de Osmania en Hyderabad. Recibiu o seu doutoramento pola Universidade Estatal de Ohio en 1986 baixo a tutela de Anthony Greenwald e o seu traballo posdoutoral levouno a cabo na Universidade de Washington. Ensinou na Universidade de Yale desde 1986 até o 2001 onde foi Reuben Post Halleck Professor of Psychology. En 2002 foise á Universidade de Harvard como Richard Clarke Cabot Professor of Social Ethics no Departamento de psicoloxía e Carol K. Pforzheimer Professor no Radcliffe Institute for Advanced Study.

Banaji estuda o pensamento e os sentimentos humanos como extensións do contexto social. En particular, está interesada na natureza inconsciente de valoracións propias e doutros humanos que reflicten sentimentos e coñecemento (frecuentemente imprevisibles) sobre os membros do seu grupo social (p.ex., idade, raza/etnia, xénero, clase). O seu traballo depende das medidas de comportamento cognitivo/afectivo e das imaxes neuronais (fMRI) coas que explora as implicacións do seu traballo para teorías de responsabilidade individual e xustiza social.

O que fixo famosa a Banaji foi unha serie de estudos sobre a exploración de prexuízos de xénero e raciais utilizando "Implicit Association Test". Unha web de Harvard con algúns dos tests que foi extremadamente popular. A investigación de Banaji sobre actitudes de xénero e raciais foi cuberta por medios de comunicación como PBS, NY Times e Washington Post.

Principais publicacións Implicit social cognition: attitudes, self-esteem, and stereotypes. 1995 (con Greenwald) en Psychological Review A unified theory of implicit attitudes, stereotypes, self-esteem, and self-concept. 2002. (con Greenwald, A Rudman, SD Farnham etc.) en Psychological Review. Blindspot: Hidden Biases of Good People (2016). Bantam.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina académica de Mahzarin Banaji Web de Harvard do Proxecto Implícito Proxecto Implícito  Video Mahzarin R. Banaji - Blindspot: Hidden Biases of Good People

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Telangana Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio