Zhaire Jahi-ihme Smith, nado o 4 de xuño de 1999 en Garland, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de escolta.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Smith foi seleccionado polos Phoenix Suns na 16ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Mikal Bridges. O 2 de xullo de 2018, Smith asinou cos Sixers. Debutou na NBA o 25 de marzo de 2019 na derrota dos 76ers por 119-98 contra os Orlando Magic.

O 23 de novembro de 2020, Smith foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Tony Bradley. O 30 de novembro de 2020, os Pistons cortaron a Smith.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Garland, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers