Daniel Barral Calvo, nado en Vigo en 1997, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Cursou estudos superiores de Filosofía na Universidade de Barcelona e na Universidade Autónoma de Madrid. É profesor de Filosofía no IES San Paio de Tui. Militante de Isca, do MGS e do BNG. Colaborou en Nós Diario.

En 2014 gañou o certame Xuventude Crea na modalidade de relato breve co texto Stalingrado.La Voz de Galicia, Santiago, 20-11-2014, p. 12. En 2018 gañou o premio de poesía da Asociación Cultural O Facho con Dialética.La Voz de Galicia, A Coruña, 2-9-2018, p. 6. En 2019 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato A casa das Castrouteiro.

Traduciu ao catalán o libro de poesía infantil Soleando, de An Alfaya e Imma de Batlle (Solejant, Llibres del Segle, 2021). Obras Poesía Dialética, 2018. (Medulia) ISBN 978-84-948102-4-4

Tradución Solejant, de An Alfaya e Imma de Batlle (Llibres del Segle, 2021). Ao catalán.

Premios Premio Xuventude Crea 2014, especialidade de relato breve. Premio de poesía da Asociación Cultural O Facho 2018. Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2019, por A casa das Castrouteiro. VII Certame Literario Mazarelos da Universidade de Santiago de Compostela en 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigos en Nós Diario. Web do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao catalán