A República Democrática do Congo participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, cando era coñecido como Congo Kinshasa. A súa seguinte participación olímpica foi dezaseis anos máis tarde, en 1984, cando era coñecido como Zaire. Dende entón, o país enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, mais nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. A partir dos Xogos de 2000, o país foi coñecido unha vez máis como a República Democrática do Congo.
Ningún atleta da República Democrática do Congo conseguiu nunca unha medalla olímpico, converténdose o país no segundo máis poboado do mundo en non ter ningunha, só detrás de Bangladesh.The 10 Most Populous Countries To Never Win An Olympic Medal
O Comité Olímpico Nacional da República Democrática do Congo foi creado en 1963 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1968.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Cidade de México 1968 5 0 0 0 0 – Múnic 1972 non participou Montreal 1976 Moscova 1980 Os Ánxeles 1984 8 0 0 0 0 – Seúl 1988 15 0 0 0 0 – Barcelona 1992 17 0 0 0 0 – Atlanta 1996 14 0 0 0 0 – Sydney 2000 3 0 0 0 0 – Atenas 2004 4 0 0 0 0 – Pequín 2008 5 0 0 0 0 – Londres 2012 4 0 0 0 0 – Río de Xaneiro 2016 4 0 0 0 0 – Toquio 2020 7 0 0 0 0 – París 2024 6 0 0 0 0 - Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 0 0 –
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:República Democrática do Congo nos Xogos Olímpicos